O BNG, coa candidatura de Pedro Pereira en O Porriño: "Imos por todas"

Pedro Pereira con los componentes de la lista de BNG Porriño para el 28M.
photo_camera Pedro Pereira con los componentes de la lista de BNG Porriño para el 28M.
Unha lista liderada por Pedro Pereira mistura xente nova e persoas con experiencia con experiencia en cargos de responsabilidade

Pedro Pereira encabeza a candidatura do BNG para gobernar O Porriño a partir do 28 de maio. Persoas preparadas e comprometidas; un equipo con formación, bagaxe profesional e introducido no tecido asociativo, con capacidade para proxectar e liderar O Porriño do futuro: “Imos dar o mellor de nós para construír ese Porriño en grande co que soñamos”.  “Defendemos un Concello transparente", que funcione e que non se malgasten recursos; apostamos polo público e queremos igualdade real, un Concello que blinde as políticas sociais para garantir dereitos. “Temos que seguir avanzando na recuperación de espazos públicos, tamén nas parroquias e nos barriose impulsar novas zonas peonís para convivir e dinamizar o comercio local”. O BNG, ten demostrado no Porriño coherencia, solvencia, rigor e capacidade de goberno, con ideas claras e vontade de sumar. "E queremos recuperar a ilusión pola política e acoller o voto desencantado cos comportamentos irresponsables que facilitaron a chegada ao goberno do PP”. “Imos a por todas e non nos poñemos límites”. Con toda a humildade, mais tamén coa confianza e o orgullo de sabermos que os grandes avances no Porriño foron da man do BNG, se “somos quen de liderar o goberno, sempre vai ser máis transformador, con máis impulso e máis avances: Canto máis BNG haxa, mellor lle irá ao Porriño”. 

O candidato á Alcaldía, Pedro Pereira, leva en postos de saída a xente nova e recupera persoas con experiencia: Miriam Martínez Troncoso (2), Budiño. Traballadora social, empregada pública da Administración Xeral do Estado, concelleira no goberno local de 2007 a 2010. Marcelo Rodríguez Acosta (3), profesional de educación ambiental e filólogo, formou parte do goberno de 2005 a 2010. Mónica Bugarín, Atios (4), diplomada en Ciencias Empresariais e funcionaria da Xunta.  Ana Bastos (5), Torneiros, profesora de  secundaria, ex concelleira. César Louriso (6), do barrio de San Bieito. Traballador sector alimentación; e  Soraya Domínguez (7), Pontellas, voceira da Marcha Mundial das Mulleres na Louriña.

Te puede interesar