ANA GANDÓN MENDUIÑA Premio Ernestina Otero de Igualdade do Concello de Vigo

“Vin no concello unha oportunidade para levar o feminismo ata onde non chegara”

Ana Gandón co seu burro Carolo.
photo_camera Ana Gandón co seu burro Carolo.

Hai quince anos que a exconcelleira de Esquerda Galega e BNG Ana Gandón deixou o Concello de Vigo pero non a teñen esquecido porque o Consello Municipal da Muller decidíu entregarlle este ano o Premio Ernestina Otero de igualdade.

Ana Gandón foi concelleira da Muller dúas veces (recoñoce que lle gusta máis o nome de Igualdade) e  agora vive en Oia. A entrega do premio será o venres nunha cea no Hotel Coia.


Que significa este premio?
Foi toda unha sorpresa e unha alegría moi grande. Aínda que ti fagas as cousas por sentido da responsabilidade y porque cres que tes que facelas, que che recoñezan é unha satisfacción enorme. Pero teño claro que é un premio que merecerían outras moitas mulleres e todas as que cando estaba eu no Concello mantiñan as organizacións e traballaban pola igualdade. En certo modo sinto como se o recollera en nome de todas elas.


Foi a primeira concelleira de Igualdade?
A primeira foi María Xosé Porteiro, que creou a Casa de Acollida e o centro de información. Eu fun a continuación pero moita xente cre que fun a primeira porque conseguín crear unha Concellería de Muller independente, con persoal, espazo e presuposto propio.


Que foi o máis importante daquela época?
Cecais foi abrir as portas do Concello. Eu son feminista dende sempre e tiña claro que o estar no Concello me brindaba unha oportunidade excelente para levar as ideas do feminismo ata onde non chegaran. Me volquei moito no traballo nos barrios, visitei moitísmas asociacións de veciños, falei cos presidentes que eran todos homes. Empleei un esforzo grande en estender as vocalías da muller. Tamén facer unha concellería moi aberta, porque me propuxen falar con tódalas asociacións de mulleres de Vigo.


E pedras no camiño?
Cando dixen quero a Concellería da Muller e solo a de Muller me decían por qué non te pelexas por unha concellería con más forza e máis importancia e eu dicía que non porque entendía que o mellor traballo que podía facer era ese. Dende o Concello non tiven demasidas pegas, ao principio tiven que pelexar un pouquiño porque para empezar me decían que non había espacio e eu lles dixen que os pasillos eran anchos. En tódolos barrios encontrei mulleres con gañas de facer cousas. Grandes obstáculos non tiven.


E axuda?
Tódalas asociacións de mulleres e moitas mulleres de Vigo. Si fixera unha lista non acabaría. Axudas de todo tipo. Hai moitas feministas en Vigo, afortunadamente.


Como ve agora a situación?
Estamos nun momento importantísimo, non estivo o femenismo nin as reivindicacións das mulleres tan ao día como hoxe e creo que si o aproveitamos ben e empuxamos todas podemos facer cambios moi importantes. n

Te puede interesar