vigo

Un vigués, mestre de baile galego en Valladolid

“Xisco” Feijóo, durante unha das súas clases.
photo_camera “Xisco” Feijóo, durante unha das súas clases.

“Xisco” feijóo é mestre de canto popular na e-trad e forma parte da compañía nova danza de galicia e da orquestra de folksondeseu

 Javier Feijóo, “Xisco”, enseñará baile galego entre os alumnos do Conservatorio Profesional de Danza de Castilla y León. Así recólleo a través das súas redes sociais a Escola Tradicional (E-Trad), onde é mestre de canto popular: “Xisco Feijóo estará esta semana de Entroido en Valladolid, xa que vén de ser elixido como coreógrafo de danza”.
O vigués prepara unha peza de 17 minutos cos alumnos finalistas do Centros, os de 5º e 6º. A obra, que se titulará “San Martiño”, terá a estrea no auditorio pucelano Miguel Delibes o vindeiro 4 de maio. A banda sonora está baseada no quinto traballo discográfico de SonDeSeu, “Beiralúa”, que sairá próximamente ao mercado, e no que está implicado outro dos mestres da E-Trad, o tamén vigués Anxo Pintos.
Javier Feijóo compaxina a docencia na escola de música tradicional de Vigo, coa seu labor como coreógrafo na compañía Nova Galega de Danza, que iniciou a súa traxectoria en 2003. Asemade, forma parte da primeira orquestra de música folk galega, SonDeSeu, nada ao abeiro da E-Trad. “Xisco” comezou a súa andaina profesional coa asociación cultural O Fiadeiro, un grupo etnográfico que xurdíu en 1996 para a recuperación do patrimonio inmaterial galego, a través do canto e do baile.

Te puede interesar