VIGO

Vigo e a súa lembranza nos versos de Marta Dacosta

Presenta novo libro hoxe, ás 20.30 horas na librería Cartabón, onde a cidade volve a estar presente na esencia dos seus escritos

Marta Dacosta escribe sobre a lembranza e o poder do vivido
Marta Dacosta escribe sobre a lembranza e o poder do vivido
Vigo e a súa lembranza nos versos de Marta Dacosta

 “A memoria é un dos elementos centrais desta obra, dende as individuais ata a colectiva, vista coa suma das outras”. Así, Marta Dacosta fala da súa última publicación ‘Labirinto ou memoria’, que este seran presenta na súa cidade, en Cartabón.
“A través da memoria coas preguntas que vou abordando ao longo do texto, boto man dela como un sentimento, pero tamén como un método na procura da realidade”, apunta a autora, aínda que, exprica,  aparecen outros temas como a ficción que convertimos en realidade. A presenza de Vigo, como en toda a súa traxectoria, é obligada para Dacosta: “Está, aínda que no sexa sempre de xeito explícito, xa que cando se escribe a experiencia persoal funciona como un material máis, no meu caso, Vigo e os seus redores forman parte dos espazos onde vivín e medrei”. Afirma que neste libro identifica a memoria “como un pozo de onde se vai sacando auga”,  caldeiros que funcionan ”como imaxes, fragmentos da realidade ou tamén como un laberinto do que queremos saír”.
Na súa poesía, Dacosta propón un xogo, unha reivindicación, un rencontro coa historia ou un achegamento ao idioma. “Non se dá unha resposta, nen se emite unha conclusión definitiva, é unha indagación a través da poesía”. Por todo elo, a linguaxe poética  facilita a autora viguesa un proceso que asegura “non existe en nengún outra disciplina, xa que conecta coas emociones por medio das palabras e a súa capacidade de transmitir”.