vigo

Unha vida adicada ao estudo de Rosalía

Unha das últimas aparicións públicas en Vigo, con Anxo Angueira, hai un ano na presentación de “Follas Novas”.
photo_camera Unha das últimas aparicións públicas en Vigo, con Anxo Angueira, hai un ano na presentación de “Follas Novas”.

O mundo da Cultura despedíu a Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda en Pereiró a quen foi a grande investigadora da poeta de Padrón

nnn O seu nome non foi mediático, nen coñecido polo grande público, pero sempre quedará vencellado á figura de Rosalía de Castro. Así quedou demostrado onte en Pereiró, onde persoeiros da Cultura galega e principalmente da literatura, acudiron a darlle o último adeús á viguesa Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda e folgos ao seu viúvo, Xesús Alonso Montero, ex-presidente da Real Academia da Lingua.
As redes fixéronse eco tamén da perda. Así, entre outros destaca a mención da Casa de Rosalía, presidida por Anxo Angueira, onde a tilda de “fundamental para o mundo rosaliano”. Na súa conta de Facebook sinala que os estudos e achados de Álvarez Ruiz de Ojeda “foron determinantes para entender a súa vida e obra”. Ramón Nicolás, no seu blog “Caderno da Crítica” sinalou que na súa memoria “quedará viva tanto a súa presenza ao abeiro dos encontros que mantivemos (...) como os seus valiosos traballos sempre realizados con rigor, pulcritude e extrema minuciosidade”. A Fundación Otero Pedrayo, presidida por Juan Luis Saco Cid foi outra das institucións que compartíu a súa dor nas redes sociais. No dominio de Facebook enviaba un agarimoso pésame ao seu home “o noso compañeiro do Padroado”. En twitter, Cultura Galega, Asociación Pedagóxica Galega e numerosos particulares fixeron público o seu duelo. 
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda finou aos 57 anos, pero deixa atrás todo un estudo ao redor do mundo rosaliano que lle valeu en  2014 o ingreso na Fundación Rosalía. Licenciada en Filoloxía, tamén formou parte da Fundación Blanco Amor.
Un do seus últimos actos públicos foi precisamente en Vigo, na librería Andel, na presentación en marzo de hai un ano do número un da revista “Follas Novas”. Compartíu mesa con Anxo Angueira e Méndez Ferrín.n

Te puede interesar