Galicia

Tres días de luto en Galicia

En una declaración institucional, el presidente de la Xunta asegura que "Galicia non arde soa. A Galicia quéimana" y subrayó que "atacáronnos indiscriminadamente, non nos puideron facer máis dano"

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO PRESIDENTE DA XUNTA


Toda Galicia chora esta mañá ao ver parte dos nosos montes calcinados. Pero
especialmente toda Galicia chora pola perda de tres persoas xa confirmadas e quero que
as primeiras palabras desta declaración institucional sexan para as súas familias e para
os seus seres queridos. En nome de todo o pobo galego, transmitímoslles as nosas
condolencias. Compartimos a súa dor e, por suposto, ofrecémoslles todo o apoio —
seguro que insuficiente— que poidamos darlles nestes momentos tan difíciles.
O Consello da Xunta acaba de decretar tres días de loito en Galicia.
Galicia non merece que nos provoquen esta dor.
Galicia non merece a angustia de tantas familias que tiveron que pasar a noite en vela
temendo polos seus familiares, por si mesmos, polas súas casas e polas súas pertenzas,
que nalgún caso se perderon.
Galicia non arde soa. A Galicia quéimana. Con carácter minoritario, pode haber lumes
provocados por descoidos, pero un día como o de onte non é resultado da casualidade,
non é resultado do azar. Hai unha intensa intención de facer dano nos lugares de maior
impacto incluíndo desta vez zonas urbanas, zonas periurbanas e pobos e vilas.
Atacáronnos indiscriminadamente, non nos puideron facer máis dano. As galegas e os
galegos non nos imos dar por vencidos nin contra os incendios nin contra os
incendiarios. Porque Galicia está farta dos incendiarios que de forma continuada e
constante atacan o noso patrimonio e ademais agora atacan as nosas vidas.
Galicia está farta de ter que vernos ameazados ciclicamente por incendiarios que se
valen das condicións meteorolóxicas cada vez que teñen ocasión. Non o admitimos.
Galicia está farta de que se poida chegar a ter que asumir con naturalidade que cando
non chove hai incendios. Iso tampouco o asumimos.
E Galicia está farta de que se relativice a actividade incendiaria cando do que estamos a
falar é doutro xeito de terrorismo: o terrorismo incendiario. E non queremos ningún tipo
de terrorismo en Galicia.
O terrorismo incendiario non só destrúe o noso patrimonio natural senón que pon en
risco vidas –as dos membros dos equipos de extinción, as dos cidadáns-. E iso non só
sucede e sucedeu onte, senón que esta noite volveu haber lumes desde as 12 da noite
ás 9 da mañá e isto sucedeu cunha enorme intensidade esta fin de semana. Sucede ano
a ano e cada día que xorde a oportunidade que lle brinda a climatoloxía sucede con
maior intensidade.
 


Cada ano, a pericia dos equipos de extinción non só evita danos maiores nos nosos
montes. Tamén salvan vidas. Lamentablemente desde onte todos somos aínda máis
conscientes disto, que do que se trata é de intentar producir danos irreparables na
poboación con lumes forestais no centro das cidades, como en Vigo, e con lumes
continuados e constantes durante a tardiña e durante a noite.
Todos temos moi presente o recordo do incendio de Pedrogão Grande, en Portugal, no
mes de xuño pasado, no que desgraciadamente morreron 64 persoas. Nos últimos días
os equipos de extinción están a enfrontarse a decenas de incendios de similares ou
peores condicións que o incendio de Pedrogão Grande, en Portugal. A dimensión da
traxedia que puido chegar a vivir Galicia é inimaxinable.
Por iso eu quero –e creo que o fago tamén en nome de toda Galicia- transmitir o meu
recoñecemento e o meu agradecemento aos equipos de extinción, porque se están a
enfrontar á peor actividade incendiaria coas peores condicións meteorolóxicas posibles e
de forma simultánea, e están a centrar todos os seus esforzos en defender a cidadáns
como eles e están a salvar vidas humanas. Moitas vidas de galegas e galegos
salváronse esta noite como consecuencia da actividade comprometida e profesional dos
Bombeiros, da Policía Nacional, da Garda Civil, da Policía urbana, da UME e, por
suposto, das Brigadas Forestais da Xunta de Galicia.
Nunca antes houbo en Galicia tantos medios contra os incendios nun mes de outubro –o
dobre do habitual- pero os equipos de extinción están a traballar e estiveron a traballar
durante este fin de semana e sobre todo esta noite en condicións meteorolóxicas sen
precedentes nun mes de outubro e nunha época do ano como a que estamos neste
momento.
Por suposto que somos conscientes de que nada resulta suficiente cando se sente preto
a angustia do lume e este non acaba de apagarse. Esa angustia é a de toda Galicia e así
se sente tamén nos propios equipos de extinción e nas súas familias. Nin nos incendios
nos que hai máis medios destinados se pode sufocar o lume coa eficacia habitual debido
aos efectos colaterais desta noite e da tarde de onte como consecuencia do furacán
Ophelia. A forza do vento, con rachas de entre 70 e 90 km/h, a temperatura, a seca
continuada, son condicionantes que dificultaron extraordinariamente o seu labor. Por
iso cómpre salientar aínda máis o mérito do traballo de este dispositivo.
Co obxectivo de priorizar as zonas cales que os técnicos determinan que hai un maior
risco de afectación á xente, ás súas vivendas e aos seus medios de vida, estanse
orientando os labores de loita contra o lume desde o Centro de Coordinación, ao que
nos volveremos a trasladar –como fixemos onte durante toda a tarde- na xornada de
hoxe.

 


Permítanme solicitar neste punto a maior responsabilidade por parte de todos.
Informacións erróneas que axuden a agrandar a desesperación e a confusión dos
cidadáns non axudan a resolver unha situación que xa é complexa de por si. Pídolles aos
galegos que sigan en todo momento as recomendacións polas canles oficiais e pídolles a
todos que non se fagan eco de rumores sen contrastar, e que poden derivar nunha
alarma aínda maior da alarma que xa estamos padecendo.
Quero tamén poñer de manifesto a capacidade de resposta do pobo galego. Cada vez
que unha desgraza pon a proba a nosa determinación, os galegos respondemos do
mesmo xeito: con solidariedade, con unidade e dando o mellor de nós mesmos. Os que
pretenden queimar Galicia teñen enfronte a resolución de todo un país.
Esa Galicia que nunca esmorece nos malos momentos reflíctese na actitude de milleiros
de heroes anónimos que souberon cumprir co seu deber como cidadáns, como veciños,
como profesionais dos servizos de extinción, como profesionais sanitarios e como
responsables públicos. Quero destacar e loar a coordinación das administracións e o
espírito cívico da nosa xente, deste pobo, o pobo de Galicia.
Esa Galicia solidaria y firme ante el terrorismo incendiario representa la inmensa mayoría
de nuestra gente. En cambio, aquellos que ocasionan la difícil situación que estamos
viviendo no representan a Galicia. Pueden tener la capacidad de generar un inmenso
horror como el que hemos vivido en las últimas horas, pero deben saber que no nos
representan.
Quiero agradecer también todas las muestras de apoyo que hemos recibido en las
últimas horas, de forma muy especial en la noche de ayer por parte del Jefe del Estado,
Su Majestad el Rey, y del presidente del Gobierno en la noche de ayer y en la mañana
de hoy, así como la colaboración que han prestado y que nos remiten distintos
presidentes de comunidades autónomas y el Gobierno de la nación.
Aprovecho para atestiguar también nuestra solidaridad con el pueblo portugués, que por
desgracia también está lamentando pérdidas de vidas humanas; y también nuestra
solidaridad con el pueblo asturiano, que al igual que nosotros está luchando a estas
horas contra las llamas que amenazan distintos puntos del Principado.
Los responsables de este terrorismo incendiario deben saber que sus acciones pueden
matar y matan, provocando, en consecuencia, una desgracia irreparable. Deben saber
que las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad (la Policía Nacional, la Policía Autonómica, la
Policías local, la Guardia Civil) tienen como máxima prioridad buscarlos y trabajan para
detenerlos. Y deben saber que en esa labor tienen y tendrán a la mayoría de los
gallegos, que no aceptamos complicidades y que lo único que deseamos es que estos
criminales paguen por lo que han hecho.

 


A indignación que sentimos todo o pobo de Galicia cos que lle prenden lume a Galicia é
unha indignación xusta. Demostrarémola coa mesma unidade coa que moitos veciños se
axudaron uns aos outros nesta noite, pasando horas tráxicas. Demostraremos que estes
actos terroristas non dividen os lazos que nos unen, senón que o que fan é fortalecer os
lazos de unión de toda a xente que vive, que vivimos, en Galicia.
Por iso me gustaría rematar chamando a unha mobilización conxunta en homenaxe aos
equipos antiincendios, en homenaxe a todos os galegos que levan traballando desde a
noite e desde o fin de semana na loita contra as lapas, e tamén en repulsa aos
incendiarios e en recordo ás persoas falecidas. E hoxe convocamos, ás 12,30 horas
desta mañá, un minuto de silencio nas institucións, tanto nos concellos, como na Xunta
de Galicia, como na Administración Xeral do Estado

Te puede interesar