vigo

O PP xunta aos candidatos de Vigo no inicio da campaña

Xuntanza do PP vigués onte.
photo_camera Xuntanza do PP vigués onte.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, presidiu unha reunión de coordinación da campaña electoral das autonómicas nas que ademais do presidente local, Chema Figueroa, e a voceira do PP de Vigo, Elena Muñoz, participou a directiva do PP local e os candidatos da cidade, nomeadamente Teresa Egerique, número 3, e Javier Dorado, número 16.
Rueda comentou que o PP desenvolverá unha campaña intensa, con algún acto grande pero sobre todo pegada á rúa, falando coa xente e explicando non só o programa electoral senón tamén facendo balance de todo o que avanzou Galicia nestes últimos anos.
 “Cada un dedicou as últimas semanas ao que quixo. No Partido Popular decidimos seguir traballando, outros decidiron empregar o seu tempo en liortas”, ironizou. Por iso sinalou que “pode ser que, como din, chegamos máis frescos ca eles, pero é porque discutir e estar todo o día en conflitos ten que ser agotador”.
Criticou que fronte ás propostas do PP o único que ofrecen o resto de partidos é ir contra Feijoo, que "é ir contra 83.000 parados menos, contra case dous anos de crecemento económico consecutivos, contra a eliminación do imposto de doazóns e de sucesións, contra a comunidade que fixo máis investimentos, contra o goberno que duplicou as axudas sociais". n

Te puede interesar