vigo

Os once vigueses nos Mestre Mateo

Antonio Durán, ‘Morris’; María Costas e Alberto Rolán son os tres actores nominados, que cos sete directores e un técnico de son forman o grupo vigués
photo_camera Antonio Durán, ‘Morris’; María Costas e Alberto Rolán son os tres actores nominados, que cos sete directores e un técnico de son forman o grupo vigués

n n n A presenza viguesa na gala dos Premios Mestre Mateo será dominante nesta edición. Así, once das nominacións están vencelladas a esta ciudade. O distinguido no festival Sundance, Álvaro Gago, está nominado á Mellor Curtametraxe por “Matria”. Xoán Escudero, director de “O tempo futuro”, está nominada a Mellor Documental que conta a experiencia de Bárbara Iglesias, unha moza de Arcade que loita por abrirse paso como piloto de bobsleigh. Roi Cagiao, director de “Vigo 1972”, aspira a Mellor Documental. A película, distinguida en distintos certames, recolle a histórica folga daquel ano na cidade.De Redondela, Diana Toucedo, directora de “Trinta lumes”, suma cinco nominacións para unha película que se proxecta estes días na Berlinale. Pedro Sancho, director de “La madrina”, nominada a Mellor Curtametraxe. Araceli Gonda, de Gondomar, está nominada a Mellor Guión pola serie da TVG “Serramoura”. Alberto Rolán, chegará á gala nominado a Mellor Interpretación Masculina Protagonista por “A estación violenta”, rodada en parte na zona de Vigo. Pola súa banda, María Costas, competirá pola Mellor Interpretación Feminina de Reparto por “Dhogs”, mentres o seu parneter, Antonio Durán “Morris", fará o propio coa nominado a Mellor Interpretación Masculina de Reparto. Seguirá a representación viguesa con David Machado, nominado a Mellor Son tamén por “Dhogs”. Pechará a listaxe a directora Noemí Chantada, con aspiracións a levarse o Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe por “La mujer invisible”.
O encontro de tódolos finalistas terá lugar a vindeira semana, o día 23, para a foto de familia. Mentres a gala se celebrará o 3 de marzo. Será a edición XVI dos Premios Mestre Mateo que terá lugar no Pazo da Ópera, de A Coruña.n

Te puede interesar