EVA SOLLA Elixida vicepresidenta segunda do Parlamento

"EN MAREA NON SERÍAMOS O QUE DEFENDEMOS SE A INSTITUCIÓN non visualiza a diversidade"

A viguesa Eva Solla durante unha intervención no Parlamento de Galicia.
photo_camera A viguesa Eva Solla durante unha intervención no Parlamento de Galicia.

Eva Solla Fernández (Vigo, 1984) foi nomeada o venres vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia. Aínda que seguirá "na portavocía de sanidade", pola súa formación coma enfermeira. A política accedeu na lista de En Marea pola provincia a Cámara lexislativa galega.

O venres foi nomeada vicepresidenta da mesa do Parlamento de Galicia...
Tras varias xuntanzas esta semana no grupo, estivemos decidindo como repartir as portavocías, comisións... Dada a miña experiencia no parlamento, decidín asumir esta responsabilidade tras debatir as diferentes posibilidades.

Por que responsabilidade?
Ademáis do traballo político ten outro engadido propio da institución, máis descoñecido ou que non se ve e de carácter burocrático, como a participación nas mesas de contratación.

Que cambios tentará En Marea levar a cabo na xestión da Mesa do Parlamento en relación o modelo do Partido Popular?
En Marea non seríamos o que defendemos se a institución nonvisualiza a diversidade, as maiorías agredidas. Temos que ver como vai ser ese traballo alén da burocracia.

Que tipo de actividades podería levar a cabo entón?
Non só o papel clásico, senón que axude a solventar os problemas reais das personas a través do uso da institución. 
A mesa pode reunirse con colectivos sociais ou facer xuntanzas no marco da actividade política, aportando un valor engadido.

Hai algunha experiencia previa noutra comunidade autónoma ou nas Cortes nas que coalicións como En Marea xa teñen poder o respecto da súa proposta?
Non o coñezo, terei que ver esta semana se hai traballo. Tomo a responsabilidade esta semana.

Vostede é parlamentar pola provincia pero é de Vigo, como axudar a cidade dende o seu novo cargo nos asuntos de carácter legal?
A capacidade de actuación aínda temos que vela. Non temos experiencia na mesa. Nesta instancia temos a posibilidade de influir, pois todas as iniciativas pasan pola mesa, todos os trámites, comparecencias e comisións. Temos voz e a capacidade de decir que nos parece, facer peticións de comparecencias, será importante para moitas iniciativas da área.

Cando comenza a súa actividade?
O Parlamento constituise o venres e pasarán cinco días para comenzar as xuntanzas.n

Te puede interesar