HACIA LAS ELECCIONES

En Marea desbota acudir ás municipais en Vigo en solitario

Iris Malvido e Luis Villares, de En Marea, onte en Vigo.
photo_camera Iris Malvido e Luis Villares, de En Marea, onte en Vigo.

 En Marea celebrou en Vigo unha sesión de traballo coa que aspira a derrogar as reformas laborais ou a Lei Mordaza para recuperar dereitos "e garantir a calidade de vida perdida nos últimos anos", dixo o seu voceiro, Luís Villares. 


En Marea preséntase ás eleccións xerais do 28 de abril en solitario, sen Podemos e EU, que van pola súa conta, con Yolanda Díaz al Congreso, frente a Iris Malvido. Luís Villares, en cambio, descartou que En Marea fora en solitario tamén ás municipais en Vigo. "Aquí hai Marea de Vigo", dixo a preguntas dos medios. Houbo unha proposta para que

En Marea tivera a súa propia lista en Vigo, pero quedou afastada dita idea.
O ex-xuiz insiste na eliminación  da Lei Mordaza, "que nos impediron expresar na rúa aquelo que queríamos contar". E tamén advertíu de que  tampouco valen cheques en branco ao Partido Socialista. 
O voceiro de En Marea destacou a elevada precariedade laboral actual, e apuntou Bosch en Vigo que vencellou como "consecuencia directa dunhas reformas laborais feitas polo Partido Popular e polo PSOE" e por outra banda a regulación do mercado eléctrico e a fixación dun marco que permita rematar "coa estafa que mes tras mes sufre a cidadanía a través da factura da luz será outro dos obxectivos de En Marea.
Por último, falou de que alén do Valles de los Caídos está o Pazo de Meirás. "E iso foi esquecido nunha axenda do PSOE que non era a axenda de Galicia". 
Luís Villares lembrou o nulo compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con Galicia. "Por iso En Marea votou en contra duns orzamentos que non respectaban aquelo que era esencial para o desenvolvemento da área metropolitana da Coruña e que tampouco seriviron para vertebral correctamente a área metropolitana de Vigo coa saída sur ferroviaria". n

Te puede interesar