TRAS EL 24-M

Leira: 'Marea cometeu un erro en Vigo'

Lois Pérez Leira, de Gañemos.
photo_camera Lois Pérez Leira, de Gañemos.

O candidato de Gañemos, Lois Pérez Leira, destacou que despois do BNG e Cidadáns ven a súa plataforma, que se auto-liquida.
Como se sente despois do 24-M?
Satisfeito e aliviado. Unha campaña sen recursos económicos, con orzamento cero e cunha precaria infraestructura é moi difícil. O noso foi un milagre. 
Esperaba este resultado?
Eu tiña a impresión que fariamos unha boa campaña pero que resultaría case imposible lograr máis de seis mil votos. Nós aspirabamos a obter unha cantidade digna de votos e lográmolo. Buscamo unha alianza con Marea, porén eles non quixeron.
Que opina da Marea?
Cometeu o erro de non ir nunha alianza con Gañemos e algunha outra forza. Na Coruña, Ferrol e Compostela as candidaturas de unidade popular foron un éxito. Nos tres lugares van gobernar. Aquí só tres representantes, nunha cidade obreira e de esquerdas.
 A quen responsabiliza?
En primeiro lugar á dirección Podemos de Vigo de que non foi quen de impulsar unha candidatura de Unidade Popular. Logo a Esquerda Unida que novamente cometeu erros de falta de visión política. 
Como interpreta o resultado electoral de Caballero?
Non tivo oposición. O BNG foi a súa muleta política e o PP aproboulle os orzamentos e politicamente estivo desaparecido. Caballero utilizou unha potente maquinaria  partidaria e inmensos recursos para gañar. E a súa política populista de lousas e xardineiras xerou altos réditos electorais.n

Te puede interesar