MARÍA COSTAS Nominada á Mellor Interpretación Feminina de Reparto por “Dhogs”

“Interpretar o meu personaxe foi como viaxar ao lado Escuro, un choque brutal”

MARÍA COSTAS
photo_camera MARÍA COSTAS

María Costas é unha das actrices nominadas na categoría de Mellor Interprete Feminina de Reparto na que é a súa segunda intervención na gran pantalla. Está a vivir estes momentos con gran emoción, tal e como ela mesma recoñece.

Como recibíu esta nominación?
Con moita alegría e por distintas razóns. Por un lado é como unha palmadiña no lombo, pero por outra é unha gran alegría por todo o equipo. É un proxecto de baixo presuposto, comezaron poñendo diñeiro do seu propio peto. É xente moi honesta coa que entablamos lazos de amizade.


Que contaría do seu personaxe?
O director dicía que o meu personaxe era o corvo da película. O máis maligno. Custoume bastante porque viña de facer “Casa Manola” e supuxo un choque brutal. Interpretalo foi como unha viaxe ao lado escuro. Hai frases no guión que ao final non se usaron, pero que utilicei para ambientarme, a máis significativa era “dóeme o estómago”. Para ela é a mellor nai do mundo, pero non se decata de que é outra cousa. Proxecta sobre o seu fillo todo o seu rencor.


Calificaría “Dhogs” como unha película dura?
É complicada, supón unha labazada para que espertemos. Vivimos nunha sociedade rodeados de violencia, contra as mulleres e contra os nenos.


Sorprendeulle que foxe seleccionado para Sitges, sendo o primeiro filme galego que se proxectou neste festival?
Creo que foi histórico, emocionante. Nunca estivera nesta alfombra vermella, daba unha sensación de inmensidade. Había unha cola interminable de prensa internacional e se lle prestou unha grande atención á película, dixeron cousas marabillosas dela, pero o máis emocionante foi vela na pantalla grande e en galego. Tiven a bágoas a piques de saír en todo momento.


Só queda que haxa sorte o día 3.
Eu xa non preciso máis. Estou competindo con xente moi boa.

Te puede interesar