VIGO

Humbolt analiza a relación entre Universidade e ciencia marina

As xornadas teñen lugar na sede da Xunta en Vigo.
As xornadas teñen lugar na sede da Xunta en Vigo.
Humbolt analiza a relación entre Universidade e ciencia marina

n n n Co obxectivo de articular un foro de discusión de alto nivel científico para afondar sobre a ciencia e o mar desde punto de vista interdisciplinar, estudando como o medio mariño contribúe a sostibilidade e desenvolvemento, hoxe e mañá celébranse en Vigo os XXVIII Encontros Humbolt. Organizados pola Asociación Alexander Von Humboldt en España, coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia e Zona Franca, os encontros nos que se afonda na contribución das universidades á análise do medio mariño, comezaron onte cunha conferencia inaugural a cargo da presidenta do CSIC, Rosa Menéndez, que reivindicou as achegas do centro que dirixe ás ciencias do mar. Nunha intervención con moitas referencias ao traballo desenvolvido polo Instituto de Investigación Marina de Vigo, Menéndez referiuse aos feitos máis destacados da historia das ciencias mariñas en España, ao tempo que repasou os datos máis salientables da actividade do CSIC no ámbito mariño. A presidenta do CSIC tamén se referiu na súa intervención o traslado do centro de Vigo á ETEA, asegurando que “espero que o próximo ano se lance o proxecto e a principios de 2023 ou finais de 2022 podamos inaugurar o novo edificio”. A Asociación Alexander Von Humboldt de España celebra estos encontros desde hai 27 anos e nos que tamén se aproveita para difundir a política científica e as bolsas.n