vigo

Folclore ao xeito de opereta

El espectáculo reunió a 36 artistas sobre el escenario en un espectáculo que sorprendió al público por su formato de “varieté”.
photo_camera El espectáculo reunió a 36 artistas sobre el escenario en un espectáculo que sorprendió al público por su formato de “varieté”.

A Asociación Cultural Traspés presentou a estrea no teatro García Barbón na súa última montaxe baseada nas recollidas de Pontevedra, envoltas na atmósfera de cabaret

 Vero Rilo tomou a palabra e contou. Narrou historias de veciños das aldeas, pero tamén lendas que circulan polo rural galego. Así, ao xeito das antigas operetas, a asociación viguesa Traspés presentou ante o público vigués o seu novo espectáculo cos bailes e os cantos recollidos nesta zona, pero nun formato innovador. “O director (Fran Sieira) propúxonos esta estructura de ‘varieté’ por ser a que existía no século XIX, momento que se corresponde co xurdimento dos bailes que mostramos; daquela non coñecía o tipo de show exhibición que facemos hoxe en día”, explicou o presidente da Asociación, Pablo Moreiras.
Así, envolto nunha atmósfera propia de cabaret, saíron a escena 36 artistas, entre o corpo de baile, as pandereteiras, os integrantes da charanga e as nove voces do coro.
Foi unha función chea de sorpresas onde os integrantes de Traspés quixeron ir máis aló e propuxeron posibles evolucións tanto das pezas de baile como da indumentaria. Na despedida os bailaríns compaxinaron a indumentaria actual coa roupa tradicional, que se vestía na zona de Pontevedra hai dous séculos. “O tema do traxe galego é complicado, todos temos na cabeza unha modalidade idealizada xurdido tralo traballo feito pola Sección Femenina nos anos 60; foi un traballo importante, pero condicionado pola ideoloxía de unidade nacional que fixo que se semellasen os de toda España”, sinalou Moreiras, para quen a distinción entre cotío e gala tampouco se achega á realidade: “Eramos un pobo pobre, que so tiña roupa para os días de traballo e o domingo, uns poucos engadía un pano ou pedrerías”.
Foi unha proposta folclórica fora de uso. Tivo momentos de humor, momentos emotivos e números de auténtico espectáculo.

Te puede interesar