vigo

Fernando Barroso comeza en Vigo a súa próxima xira

Fernando Barroso, coa súa mandolina, protagonista do novo disco.
photo_camera Fernando Barroso, coa súa mandolina, protagonista do novo disco.

O intérprete ferrolán presenta un novo disco onde fusiona distintas escolas musicais, dando protagonismo a mandolina

O primeiro concerto que Fernando Barroso dará da súa xira de presentación de “Silence Lovers Club” será en Vigo a 10 de febreiro, e despois estará en León, Sant Boi de Llobregat, Barcelona e Madrid. Este ferrolán escolleu a cidade para iniciar este novo proxecto a cidade na que se sinte como en casa. Aquí doutorose en Química-Física en 2010 e un ano despois xa comezou a súa carreira musical.
Intérprete, compositor e produtor galego, implicouse en diferentes proxectos como TRIM, asemade de participar nas bandas Riobó e Budiño, e ten colaborado con artistas do talle de Anxo Lorenzo, Xabier Díaz ou Julio Pereira. Formou parte da lendaria banda paratradicional ferrolá Os Cempés na súa última etapa, tamén co- fundador do trío internacional Assembly Point con Eoghan Neff e Luís Peixoto.
Agora lanza o seu segundo traballo en solitario, “Silence Lovers Club”. É un repertorio orixinal de doce temas para mandolina, acompañado polo violoncello. A música deste traballo vén inspirada tanto por compositores clásicos doutras épocas, como por instrumentistas actuais de diferentes estilos e lugares do mundo. Inclúe swing/jazz, música persa o barroca, ao tempo que bota man de melodías populares. No disco participa a cantora portuguesa Celina da Piedade.
Desde traballo asegura que “a idea era crear un repertorio de directo cun instrumento que me permitise versatilidade, interpretar melodías protagonistas, pero que ao mesmo tempo tivera recursos rítmicos e harmónicos para poder acompañar”. Para elo elixíu a mandolina, un instrumento que reconoce sempre lle gustou.
 

Te puede interesar