vigo

O Eixo Atlántico pide outro tratado de España e Portugal

Dirección do Eixo co ministro portugués, onte.
photo_camera Dirección do Eixo co ministro portugués, onte.

n n n A asemblea xeral do Eixo Atlántico, que se celebrou en Maia (Oporto), aprobou un segundo paquete de infraestruturas que complemente a liña do Minho xa en obras ou contratación con prazo de finalización finais de 2019 e as conexións pendentes na parte galega. Este paquete prioriza a conexión Ferrol -A Coruña, a máis atrasada e con peores perspectivas de todo o eixo  ferroviario, e as conexións ferroviarias dos portos, como eixos principais en Galicia que complementen a saída sur de Vigo e a “T deitada”, Ourense-Lugo, Monforte-Palencia sobre os cales xa vén traballando con ambos os ministerios desde fai máis dun ano.
Na parte portuguesa aprobouse exporlle ao Goberno a conexión de Braga coa liña do Miño aproveitando a canle que permanece reservado para o tren de alta velocidade o que convertería a Braga en estación de paso cara a Galicia no canto do actual fondo de saco. Tamén se aprobou propor a conexión ferroviaria da liña do Miño co aeroporto Sá Carneiro.
A asemblea, que contou coa participación do ministro portugués, Matos Fernandes no peche,  aprobou o programa para 2018 e un orzamento que ascende a 4.652.722 euros. Entre as principais actuacións do programa aprobado destacan o desenvolvemento do plan de acción da Axenda Urbana aprobada no Congreso de Braga para candidatar aos fondos comunitarios. Así mesmo acordouse impulsar a través da RIET (Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas), que preside o alcalde de Viana, a elaboración dun novo tratado de cooperación bilateral entre España e Portugal que constitúa un novo marco xurídico para impulsar a cooperación. A asemblea elixiu á executiva, da que forman parte entre otros Rui Moreira (Porto), Ricardo Rio (Braga), preside da asemblea, Abel Caballero, Miguel Lores ou Xulio Ferreiro.

Te puede interesar