vigo

Dúas viguesas levan o premio Sofía Novoa de inclusión de xénero

Eva Fontáns, Lucía Troncoso e Raquel Armán, con Silva.
photo_camera Eva Fontáns, Lucía Troncoso e Raquel Armán, con Silva.

 A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada da deputada de Igualdade, a tamén viguesa Isaura Abelairas, e da deputada de Emprego, Montse Magallanes, fixo entrega no Palacete das Mendoza dos II Premios Sofía Novoa Ortiz, que distinguen a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos universitarios.

A presidenta provincial destacou a calidade dos tres traballos galardoados que “impulsan políticas igualitarias e de visibilidade das mulleres en campos tan importantes como a educación, desde onde verdadeiramente se pode cambiar a sociedade”.
Máis polo miúdo, entregáronse dous premios de 1.000 euros cada un para Lucía Troncoso Pintos (Vigo) e Eva Fontáns Fernández (Pontevedra) por apostar pola inclusión da perspectiva de xénero nos seus traballos de fin de grao. No caso de Troncoso, o seu estudo está centrado nos “Modelos para fomentar a igualdade entre os sexos no traballo por recunchos na educación infantil. O traballo nos recunchos con enfoque de xénero” e, no caso de Fontáns o seu traballo aborda cuestións relativas ao “Enfoque de xénero na mellora da expresión oral da educación infantil nunha escola que escolariza alumnado de minorías étnicas e procedentes do estranxeiro”.
2Tamén se fixo entrega dun premio de 1.000 euros para o traballo de fin de máster elaborado por Raquel Armán Prieto (Vigo) que se centrou na “Tradución como ferramenta para a visibilidade: tradución de Gaycation para voces superpostas”.
Durante a entrega, a presidenta provincial sinalou a importancia dos Premios Sofía Novoa para “apoiar traballos, estudos, investigacións e iniciativas levadas a cabo na Universidade de Vigo que están a impulsar e a estender a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e a perspectiva de xénero en diferentes ámbitos da sociedade”. 

Te puede interesar