MIGUEL BARROS. CANDIDATO POR COMPROMISO POR GALICIA

“A dispersión impedirá consensos amplios”

Miguel Barros, ante a Casa das Artes.
photo_camera Miguel Barros, ante a Casa das Artes.

Nado en Cotobade en 1944, militou no PSOE dende 1978 até 2006, partido co que foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1993), concelleiro e secretario comarcal de Vigo. Nove anos despois regresa á política con Compromiso por Galicia, unha excisión do BNG, que se declara galeguista e de centro e conseguíu cautivar a Miguel Barros.

Como valora o transcurso da campaña?
Penso que nestas municipais o programa de CxG é o mellor aceptado. Na cidade hai dúas demandas fundamentais: a creación dunha caixa de aforros viguesa e un gran investimento  como o que suporá a posta en marcha do Porto Cabral. Ademais queremos devolverlle a categoría que merece o movemento veciñal como dinamizador das parroquias e dos barrios.
Que opina dunhas eleccións con dezasete candidaturas?
O aspecto positivo é a pluralidade que conleva. O menos bo é a dispersión terrible  de voto que se producirá e impedirá consensos amplios, polo que será necesario moito voluntarismo. Nesta oferta inclúense formacións con ideoloxía e outras que non saben moi ben onde están.
A quen dirixe CxG a súa mensaxe?
Compromiso deixa a súa mensaxe ao núcleo da cidade que se considera de centro, estimula os votos do centro galeguista.
Por que  paga a pena ir a votar o día 24?
A política é a expresión da vontade da sociedade; a alternativa é a tiranía. Votar é un débito moral de cada cidadán.

Te puede interesar