HACIA LAS ELECCIONES

“Creo que podemos cambiar as cousas, tamén porque o vivín con meus avós e meus pais ”

Iris Malvido participa no Consello das Mareas.
photo_camera Iris Malvido participa no Consello das Mareas.

 Para Iris Malvido (Vigo, 1989) a política forma parte da súa vida dende nena, porque medrou nunha familia comprometida.

O seu avó é Agustín Malvido e o seu pai Miguel Anxo Malvido, ambos representantes sindicais na CIG. Ela fixo Psicoloxía na Universidade de Santiago, é master de Psicoloxía Forense, militou en Anova e en Cerna e agora participa no Consello das Mareas. Traballou en Acnur, emigrou a Reino Unido e Australia e prepara oposicións de psicóloga penitenciaria.
É a súa primeira incursión como cabeza de lista pero leva a política no sangue.
O vivín dende pequena, do meu pai e do meu avó, porque eles estiveron como caras visibles do sindicato (CIG). Recordo de pequena que meu pai saía cedo da casa e chegaba súpertarde e velo alí cos papeis porque tiña que sacar un convenio colectivo. Eso é un sacrificio persoal moi importante. Pero eu sempre estiven moi orgullosa deles e sempre creín que esa forza de querer loitar polos demáis é moi positiva.
Por qué En Marea, cómo chega a esta formación?
Chego ao inicio e un pouco de casualidade. A min engánchame a forma que ten de falar Luis Villares, porque é unha persoa que defende as cousas nas que eu creo, a cooperación, o traballo colaborativo, a busca de consensos e outro xeito de facer política, máis aberto e participativo. Atopo en En Marea interese en abrir o espazo á sociedade e que se poida fiscalizar o noso traballo.
E agora o salto á cabeza de lista. Como foi?
Chamáronme bastantes persoas moi diferentes e eu creo que as mulleres e as persoas mozas temos que dar un paso adiante. Este proxecto é o mecanismo para conseguir melloras para as persoas reais como min, que sufrín a emigración e a precariedade no emprego. Creo importante que as persoas que nos representen sexan persoas reais para traballar polos problemas reais. E me liaron. Logo me presentei ás primarias e houbo un apoio.
Por qué cre que a xente a apoiou? Qué lles pode aportar?
Son unha persoa con moita ilusión. Creo que podemos cambiar as cousas, pero tamén porque o vivín, meus avós e meus pais formaron parte dunha serie de movementos que permitiron un cambio social. Chegou o momento de que se tome o relevo e que os mozos coma mín, que somos a xeración Xabarín, tomen as rúas e as institucións para poñelas ao servizo das persoas, para potenciar a diversidade e crear espazos máis cooperativos. É un momento histórico.
Non cre que a xente da rúa ve en En Marea moito lío?
Creo que a xente visualiza a En Marea como o que é, a segunda forza política a nivel galego. Ademáis hai un proceso importante dentro de En Marea que é a defensa da ética e da coherencia. Todo o que puxo sobre a mesa o seguíu para logo render contas. Estou segura de que En Marea se vai consolidar como alternativa do cambio nestas eleccións e eso vai permitir que dentro dun ano Luis Villares sexa presidente da Xunta. n

Te puede interesar