VIGO

Comeza a última semana de campaña dos dous candidatos

A Universidade comezou a conta atrás para elección do novo reitor, o vindeiro luns, 23 de abril. Os dous candidatos, Emilio Fernández e Pachi Reigosa, iniciaron a semana mantendo varios encontros.

Pachi Reigosa centralizou a súa axenda de onte no campus de Vigo.
Pachi Reigosa centralizou a súa axenda de onte no campus de Vigo.
Comeza a última semana de campaña dos dous candidatos

En Vigo, Fernández visitou Ciencias e logo viaxou a Ourense, onde se comprometeu a “potenciar a singularidade do Campus da Auga e as súas titulacións nas áreas da docencia e o I+D+i”. No caso de Reigosa, celebrou xuntanzas con alumnos de Ciencias do Mar e Teleco, a quen lles expresou a seu obxectivo de “potenciar os recursos adicados ao desenvolvemento dunha carreira investigadora en todas as etapas”. Tamén se reuníu cos PAS.n