VIGO

Catro séculos de Galicia bidimensional

A Fundación Penzol abre unha vez máis os seus fondos para descubrir as xoias cartográficas que atesoura, na exposición “Mapas e cartas de Vigo e de Galicia”, que estará na Casa Galega da Cultura perante o vindeiro mes

Abel Caballero, con el comisario Gonzalo Méndez, e Antón Vidal Andión, da Fundación Laxeiro, comentan un dos mapas da exposición.
Abel Caballero, con el comisario Gonzalo Méndez, e Antón Vidal Andión, da Fundación Laxeiro, comentan un dos mapas da exposición.
Catro séculos de Galicia bidimensional

nnn Comisariada por Gonzalo Méndez Martínez, “Mapas e cartas de Vigo e de Galicia”, a mostra inaugurada onte na Casa Galega da Cultura, fai un percorrido pola representación bidimensional do país a longo de catro séculos. Así, pasa de cartógrafos senlleiros como o dominico Hernando Ojea, de principios do XVII ata os traballos realizados polo vapor “Urania”, da Comisión Hidrográfica, afincado en Vigo, no primeiro cuarto do século XX.
“A cartografía evoluciounou a saltos; un elaboraba un mapa e os seguintes copiábano, ata que anos despois chegaba outro que engadía algo, que voltaba a ser reproducido durante anos”, declara o comisario, para quen a escolma ten dous pezas destacadas: a do propio Hernando Ojea e a de Domingo Fontán.
En 1603 editouse en Ámsterdam o primeiro mapa que se fixo en solitario do Reino de Galicia. Asinouno un ourensano, o dominico Hernando Ojea, emigrado en México.
A outra peza importante é a carta xeométrica de Domingo Fontán. “Otero Pedrayo veneraba este mapa e inclúeo na súa novela ‘Arredor de si’; Cunqueiro descubríu con el o país e Castelao vía nela a representación de Galicia; para os galeguistas a obra de Fontán ten unha forza telúrica”, sinalou Antón Vidal Andión, vicepresidente da Fundación Penzol. Fontán investíu dezasete anos en percorrer Galicia, e sen apoio de ninguna institución. “Era un catedrático de Física na Universidade de Santiago, que consideraba que para o desenvolvimento dun país é preciso coñecelo ben; decatouse que non había ningún mapa do territorio e aplicou os métodos e técnicas científicas para realizar un mapa comparable aos máis avanzados de Europa, que sitúo a Galicia á cabeza da cartografía española, que tardou uns 50 anos en alcanzala”, apuntou Méndez Martínez. A carta de Domingo Fontán é a única réplica da exposición. A orixinal atópase a escasos metros, pendurada no segundo andar da Casa Galega da Cultura, xa que forma parte do fondo cartográfico da Penzol.
A contienda naval máis internacional acometida en augas viguesas, a  batalla de Rande está presente cunha carta realizada anos despois, en 1748 por un cartógrafo inglés. Na mostra tamén se atopan os mapas de Galicia de Tomás López, as cartas de Tofiño, ambos do século XVIII, para finalizar co realizados polo buque hidrográfico ‘Urania’, en el XX, por encargo da Comisión Hidrográfica.
A exposición permanecerá aberta ata o 27 de novembro, aberta de luns a sábado, de 18 a 21 horas e de 12 a 14, no fin de semana n