MONCHO BORRAJO Showman galego, actúa mañá no Auditorio

“Actuar en Vigo sempre me pon nervoso, ‘penso deste non fales que é fillo de fulana”

MONCHO BORRAJO
photo_camera MONCHO BORRAJO

Moncho Borrajo, veciño de Vigo, trae a súa cidade a última montaxe que protagoniza. Con ‘Madre mía ! Cómo está España!’, volverá a subir este sábado ao escenario do Auditorio de Beiramar, despois duns anos retirado por asuntos persoais. Sobre este novo traballo e sobre a súa opinión da conxuntura política falou nesta entrevista.

Neste novo espectáculo regresa aos seus inicios, por qué?
Nos meus últimos traballos veño de representar un personaxe que analizaba a situación actual. Aquí quixen recuperar ao monas de sempre, o Borrajo das chaquetas, dos broches e das improvisacións. Un pallaso tenro.


De feito tamén mudou a súa imaxe de promoción adquirindo un aspecto máis achegado ao clown. Algo intencionado, supoño.
O nariz vermello e o chapeo é unha homenaxe ao catalán Charlie Rivel, porque inicio o show aludindo á Memoria Histórica, para despois interactúo co público. Sacarei a mulleres para cantar o ‘Chá Chá do tren’ con outra letra. Tamén repartirei catro diccionarios para que me digan palabras coas que cantar. Estou farto de inventar letras con flor, amor, paxaro...Agardo que sexan dúas horas, porque en Coruña paseime de tempo. En liñas xerais, este espectáculo é recuperar un xeito de facer as cousas.


A actualidade sempre condicionou as súas montaxes , como vai ser nesta ocasión?
Actuar en Vigo sempre me pon nervoso. É a miña cidade e penso “non fales deste ou daquel que son fillos de fulana”. Gústame tratar a actualidade, así cando volte, só será igual o comezo e o final. Falo galego e tamén en castelán. Falarei do PSOE, por suposto, pero tamén do PP e do BNG. Sempre fago referencia a temas locais para dar o toque de que está feito para aquí. Non podo deixar de falar de esa marea tan forte que case chega a Ourense e deixou un barco nunha rotonda. Non se poden tocar informacións do mesmo día, porque para que as interiorice o público teñen que pasar a lo menos tres días da publicación.


Dende o punto de vista artístico, como está España?
Comezamos polo IVA, atroz. É terrorismo cultural. Penso que temos que lle dar máis valor a nosa cultura, a hispana, a catalana, a vasca. Neste país hai xente moi boa... pero nós patrocinamos a merda no lugar de promocionar a auga. O nacionalismo ten cousas boas, como as defensa das raíces dun pobo, pero tamén as ten malas, como o desprezo das cousas boas que veñen de fora. Temos que revalorizar a cultura en xeral.

MONCHO BORRAJO

Te puede interesar