liga act san miguel

O vento móvese para Urdaibai en Moaña

A embarcación de Urdaibai levanta os remos para celebrar a vitoria en augas de Moaña.
photo_camera A embarcación de Urdaibai levanta os remos para celebrar a vitoria en augas de Moaña.

A embarcación de Bermeo aproveita a calma da quenda inicial do día nunha proba na que Tirán asinou a cuarta praza e Samertolameu pechou a regata

O abrente resultou cálido, con algo de néboa alta e despexado na costa de Moaña. O aire permaneceu quedo, sen movemento e, precisamente, todos os participantes na regata de onte na Liga ACT San Miguel xa poderían intuír que tería protagonismo na regata. A cuestión sería determinar en qué momento e con qué dirrección comezaba a moverse. 
Fixoo entre a primeira e a segunda quenda do día. Xusto a tempo para favorecer a regata de Urdaibai. Unha traiñeira que aspira ó título e que tivo unha xornada nefasta o sábado en Sanxenxo. Para gañar sabía que tiña que facer unha contrarreloxo na manga inicial do día ante rivais cos que case nunha comparte campo de regatas. Realizou o seu traballo ante Zierbena, Portugalete e Samertolameu de Meira. Impúxose con claridade cun tempo que xa cheiraba a primeiras prosicións. 
Pola súa banda, a tripulación moañesa amosouse tan débil como na xornada anterior. Aguantou o ritmo de Portugalete un rego. Despois da primeira ceavoga xa estaba descolgada e cedeu un minuto ante a gañadora da manga. Unha distancia coa que pechou a regata, demasiado lento como para poder aproveitar as condicións favorables. 
Porque éstas producíronse. No final da primeira quenda, a uns minutos da baixamar, o vento comezou a soprar. Pouco a pouco, pasou de cinco kilómetros á hora a quince cando as embarcacións da segunda quenda xa estaban no mar. Decisivo. 
San Pedro realizou a súa mellor actuación no que vai de ano compartindo quenda con Kaiku e Orio. Tamén é certo que tiña a baliza interior, algo máis gardada do vento. Gañou a quenda intermedia e serviulle para asinar un terceiro posto de enorme mérito porque a manga que pechou a proba foi de novo de enorme nivel.
Hondarribia mantivo a solvencia das dúas regatas precedentes. Tomou a cabeza da regata desde os primeiros metros mentres Tirán Pereira, San Juan e Cabo da Cruz vivían a súa particular loita que, en cada proba, parece máis emocionante e imposible de adiviñar. O sábado foi Cabo da Cruz o que realizou un rego final soberbio, o mellor de todas as tripulacións, e onte intercambiou o papel con Tirán Pereira. Ante o seu público, a "Mar do Con" aguantou máis que na xornada anterior para mostrar todo o seu potencial no derradeiro tramo. Superou a Cabo da Cruz e na clasificación xeral remontou catro segundos a Astillero para pechar a proba na cuarta posición por segundo día consecutivo. Delirio do público local porque a embarcación do Con é cuarta na xeral. 
Por diante, Hondarribia loitou por superar a Urdaibai. Gañaba dez segundos co vento a favor e perdía doce co aire en contra. Na chegada deixouse tres. Cousas do vento que, por ausencia, estivo na popa da "Bou Bizkaia".n

Te puede interesar