Os seguidores galegos poñen color en Málaga

Os afeccionados de Mecalia Atlético Guardés e Porriño puxeron gran parte do ambiente vivido onte no pavillón Ciudad Jardín de Málaga, que acolle a Copa da Raíña de balonmán feminino.

Dende A Guarda viaxaron dous autobuses, ós que se engadiron varias ducias de seguidores que realizaron o desprazamento pola súa conta. Do Porriño partiu un autocar, que fíxose notar no encontro do seu equipo ante o Valencia e tamén nos partidos de Minicopa cadete. Ademais, os dous grupos viviron un día de felicidade deportiva. 

Te puede interesar