terceira división

O Choco non atopa o gol

Gabri Palmás corre pola banda de Santa Mariña seguido dun rival e baixo a mirada atenta do público.
photo_camera Gabri Palmás corre pola banda de Santa Mariña seguido dun rival e baixo a mirada atenta do público.

O equipo de Redondela empata ante un Bergantiños en inferioridade dende o minuto 41

O Choco sumou onte un punto ante o Bergantiños nun partido no que careceu da fluidez ofensiva de enfrontamentos precedentes ante un equipo de Carballo que amosou unha notable solidez, a pesar de xogar con un futbolista menos dende o tramo final da primeira metade. 
Precisamente, a expulsión de Diego Fernández foi o feito de maior relevancia antes do descanso nun partido sen tiros a porta. Moito xogo no centro do campo entre o segundo clasificado da categoría e un equipo local que buscaba o seu habitual xogo combinativo, pero non atopaba a profundidade para facer dano.
No segundo tempo mantívose o guión, pero cun Choco que tentaba estirarse máis e un Bergantiños que incluso tuvo dúas ocasiones por medio de Rivera e Cano, pero unha marchou fóra e outra sacouna Cortegoso.
Coa entrada de Cora ó terreo de xogo, os locais atoparon profundidade e pecharon no seu campo ó Bergantiños, que pasou apuros nos minutos finais. Yago Vázquez tivo un bo disparo que sacou Cristopher, pero non era o día da formación de Redondela en ataque. Empate sen goles.

Choco: 
Cortegoso, Lazcano (Yago Vázquez, min. 56), Cañedo, Samu Santos, Xián, Carlos Rodríguez 'Caloi', Comis, Gabri Misa, Nacho Fariña (Cora, min. 63), Vilas, Gabri.
Bergantiños: 
Cristopher, Facal, Marcos Caridad, Marcos Rodríguez, Rama, Martín Golpe, Cano (Cañizares, min. 83), Baleato, Jorge Saez (Míguez, min. 87), Diego Fernández, Rubén Rivera.
Árbitro: 
Manuel Casanova Cudeiro. Expulsou por dobre cartón amarelo a Diego Fernández (min. 41) do Bergantiños. Amonestou a Comis, Xián González e Gabi Misa polos locais e a Marcos Rodrigués polos visitantes. 
Incidencias:
Partido correspondente á vixésima xornada no grupo I de Terceira División disputado no campo de Santa Mariña ante unhas 400 persoas. 

Te puede interesar