atletismo

Máis de 500 nenos competiron nas carreiras para menores

Os atletas toman a saída da proba principal, que tiña unha distancia de 10.000 metros.
photo_camera Os atletas toman a saída da proba principal, que tiña unha distancia de 10.000 metros.

Os rapaces cubriron distancias entre os 80 e os 1.500 metros

Antes de correr os maiores, moitos deles estiveron animando ós cativos participantes nas categorías de menores. De feito, había máis dunha familia que tiña dobre participación con fillos nas probas iniciais do día e pais na carreira longa. 
Así, en distintos trazados na zona do parque da Palma, os menores afrontaban o seu particular desafío con moita animación e as voces de ánimos de familiares dende a beira. 
Eloy Martínez e Laura Fernández impuxéronse en chupetes; Gabriela Bouzada e Nico Herranz, en prebenxamín; Marta Cebrián e Daniel Miniño, en benxamín; e Carmen Carrera e Rodrigo Armesto, en alevíns. 
A partir da categoría infantil, a organización deixaba os menores correr a proba de 10.000 metros, aínda que con autorización dos pais. Deste xeito, tamén se puideron ver grupos de cativos no pelotón principal da carreira de Baiona. 
En total foron 554 nenos os que cubriron as súas probas e que, sumados ós participantes na proba principal, a cifra total de atletas que remataron foi de 1.618. Unha cantidade que sitúa a proba de Baiona entre as de maior tirón na zona de Vigo. Unha auténtica clásica no verán.n

Te puede interesar