natación

Gómez Noya gaña con apuros en San Simón

O participantes na travesía Son Simón comezaron a competición á carreira.
photo_camera O participantes na travesía Son Simón comezaron a competición á carreira.

O vixente campión do mundo e a viguesa Ana Pérez lograron a vitoria en Cesantes

Día solleiro e brisa mariña en Cesantes. A segunda edición da Travesía a nado Son Simón sobre 1.500 metros cun percorrido circular entre a praia e o arquipélago de San Simón tivo unhas boas condicións meteorolóxicas en Redondela e tamén tivo ó mellor cartel posible, encabezado polo vixente campión do mundo de triatlón Javier Gómez Noya, que gañou a proba.
Non obstante, non o tivo fácil o deportista ferrolán porque atopou un rival duro no seu compañeiro de adestramentos Jorgen Gundersen, un excepcional nadador, que pegouse ós pés do medallista olímpico e non soltou a posición en toda a proba. Ambos competidores lideraron a competición dende os primeiros metros. 
Durante o primeiro tramo ata a ponte que une as illas de San Simón e San Antón, a ringleira de nadadores mantívose sen grandes diferenzas, pero rachou tras pasar este punto debido o vento de cara e as ondas, que foron un pouco máis fortes. 
O dúo cabeceiro mantívose no liderado da proba con Gómez Noya diante e Gundersen detrás. O noruego tentou superar o galego nos últimos metros e fixeron unha saída do auga practicamente ó par, polo que o primeiro posto decidiuse por centímetros. Terceiro finalizou outro triatleta, Pablo Dapena. 
Pola súa banda, na categoría feminina a viguesa Ana Pérez rachou os prognósticos ó pisar a area da praia de Cesantes en primeiro lugar e bater a Tamara Gómez e a venezolana Joselyn Brea, dúas triatletas internacionais cos seus países e que adestran en Pontevedra ás ordes de Omar González. Unha vitoria de gran nivel para a nadadora olívica.

Te puede interesar