segunda división feminina

Gañou o mellor, o Matamá

As futbolistas do Matamá celebran un dos goles ante a tristura de Tamara.
photo_camera As futbolistas do Matamá celebran un dos goles ante a tristura de Tamara.

Dous goles de Lucía Fernández decantan o derbi ante un Olivo que reduce a renda sobre o descenso a dous puntos

Dous equipos a un nivel claramente diferente. O Matamá non fixo onte un bo partido, estivo lonxe de ser a mellor tarde de fútbol no Penedo da Moo, pero superou con claridade a un Olivo que aspira a continuar na categoría e, se o acada, será cun enorme mérito e moito esforzo.
O equipo local gañou onte porque ten máis recursos e calidade. Nun partido sen brillo, o primeiro tanto chegou no tempo de desconto do primeiro acto cando Lucía Fernández enviou preto do longueiro unha falta lonxana e Ainhoa fallou no intento de despexe. Anteriormente, o perigo a balón parado foi visitante, pero non chegou o remate e Kily, porteira solvente, atallou as dificultades. 
O segundo gol foi no undécimo minuto de segundo acto. Lorena Codesada entrou por banda e atinou a poñer un centro preciso para a chegada de Lucía Fernández en segunda liña. Golpeo e gol para deixar resolto o partido. O Matamá defendeu con facilidade ata o final ante un Olivo de escaso perigo. O equipo do Penedo da Moo ascende á cuarta posición, as olivas teñen dous puntos sobre o descenso. Queda padecemento.

Atlántida de Matamá AIG:
Kily, Carla Otero, Graza Laranxeiro (Sara Paz 'Pipa', min. 69), Laura Vázquez, Sara Debén, Lara Martínez, Lucía Fernández, Carolina (Ana Ruzo, min. 60), Lorena, Paula Alonso (Lucía Becerra, min. 75), Noelia Pereira.
El Olivo:
Ainhoa, Nerea (Lisa, min. 33), Jessi, Desi, Raquel Porto, María (Marta, min. 63), Carmela Anaclerio, Alba (Mónica, min. 70), Tamara (Sara Quiroga, min. 46), Irina Martínez, Nati. 
Goles:
1-0, min. 45: Lucía Fernández; 2-0, min. 54: Lucía Fernández. 
Árbitro:
Beatriz Cuesta. Amosou cartón amarelo a Paula Alonso polo Matamá e Carmela Anaclerio polo Olivo. 
Incidencias:
Décimo novena xornada. 

Te puede interesar