FERNANDO ÁLVAREZ. Entrenador de Coruxo

"Favoreceunos que Bueu comeu a baliza"

Coruxo realizou unha regata de loita contra o cronómetro para gañar a regata.
photo_camera Coruxo realizou unha regata de loita contra o cronómetro para gañar a regata.

O adestrador de Coruxo indicou "a regata estivo moi xusta" e engadiu que "intentaremos chegar ó liderado en Cesantes"

A data de onte para o Club de Remo Coruxo quedará marcada para sempre no seu libro de ouro. Por primeira vez na súa historia logrou gañar a Bandeira Concello de Vigo, que ademáis organiza nos últimos anos. "Facíanos moita ilusión e o puidemos facer", indicou Fernando Álvarez, o adestrador da "Fontaíña". 
Non obstante, o técnico tamén recoñece que "tivemos algo de sorte pola baliza que se comeu Bueu ó final. Estaban en tempo para gañarnos porque foi unha regata moi xusta". A tripulación viguesa realizou unha mala regata na xornada do sábado en Rianxo e "falamos antes da proba, sabíamos que faríamos unha contrarreloxo e que sería de moito sufrimento. Hai que felicitar ós remeiros porque o fixeron realmente ben", engadiu Álvarez. 
O preparador engadiu que "as catro primeiras tripulacións estamos moi igualadas, pode gañar calquera e nunca sabes. O sábado Mecos rachou a regata dende o comezo e onte non loitou pola vitoria. É imprevisible", argumentou o adestrador e engadiu que "agora estamos segundos e vamos a intentar alcanzar o liderado o vindeiro sábado en Cesantes".n

Te puede interesar