segunda división feminina

As diferenzas da vida

O Sárdoma tivo que recompoñerse con dez incorporacións tras perder as súas xogadoras de referencia.
photo_camera O Sárdoma tivo que recompoñerse con dez incorporacións tras perder as súas xogadoras de referencia.

Olivo, actual campión, Sárdoma e Erizana comezan o domingo o curso en Segunda División

Dúas realidades enfrontadas en un interrogante. Olivo, Sárdoma e Erizana comezan este domingo unha campaña na que as 'olivas' tentarán o ascenso, o conxunto de Baiona evitar o descenso e a gran interrogante é o renovado conxunto das Relfas, que mudou o eixe central do equipo este verán. 
O Olivo afronta o curso co obxetivo non de revalidar o título, senón de acadar o ascenso á Primeira División. O equipo de David Ferreiro acumula dous campionatos consecutivos nos que sacou o segundo unha diferencia de vintecinco e dezanove puntos, respectivamente. Ademais, este verán o Olivo reforzou ó equipo e dispón de máis variantes e opcións coas chegadas das defensas Mónica González, Nerea Carballo e Laudith; as centrocampistas Clo e María Calvar; e as dianteiras San e Joana Montouto. As baixas foron escasas, pero relevantes coa retirada de Lore Silva e a marcha de Sara Tui, probablemente a mellor futbolista da categoría, ó Granadilla-Tenerife Sur. 
Pola súa banda, o Sárdoma afronta unha temporada de total renovación coas baixas de Desi, Nati, Joana, Sheila e Irina. O eixo central do equipo, polo que o seu adestrador, Toni Pazó, moveuse para reforzar ó conxunto con Tania Penedo, Uxía Pino, Sandra Serrano, Nuria Otero, Jennifer Palmás, Meli Oya, Eva Cachón, Ana Cantero, Yasmín Fernández e a internacional nas categorías inferiores da selección española Iraia Pérez.
O Erizana dispón dun equipo totalmente novo tras a marcha das xogadoras por discrepancias coa directiva. José Estévez formou un conxunto nun mes plagado de xuventude e lograr a permanencia parece unha milagre máis que un obxectivo.

O Erizana ten un equipo totalmente novo e confeccionado por José Estévez en tres semanas.

O Erizana ten un equipo totalmente novo e confeccionado por José Estévez en tres semanas.

Te puede interesar