división de honra xuvenil

O día no que o fútbol cumpriu o prognóstico

Brais, autor dun dos tantos do Celta, conduce o esférico entre varios xogadores.
photo_camera Brais, autor dun dos tantos do Celta, conduce o esférico entre varios xogadores.

O Celta, que levou o peso do partido, superou ó incómodo e ordeado Porriño

O plan establecía que o Celta tería a posesión e o Porriño tentaría defenderse e saír ó contragolpe, ademais de poñer especial desempeño en cada xogada a balón parado. Así sucedeu durante os dez primeiros minutos con varias chegadas locais e no undécimo, un saque de curruncho non rematou no fondo da portería do Celta porque Ángel sacou unha man prodixiosa ó remate de Varela. 
A xogada non entrou, pero supuño un enorme freo no xogo ofensivo vigués. Os da ribeira do Louro meteron o medo nos locais e o perigo pareceu alonxanse da súa área mentres a inquedanza estaba presente en cada acción a balón parado. 
Deste xeito, e salvo algunha cabalgada de Adrián Rodríguez, o partido apagouse pouco a pouco entre a tardea solleira en A Madroa. Calor e un partido que parecía devagar. Os locais tiñan o balón e o Porriño acomodouse na defensa sen pasar moitos apuros, quizaís por iso baixou un punto na súa intensidade e o Celta atopou as fendas que precisaba. 
Primeiro foi Brais o que sorteou a tres rivais pola frontal do área. Realizou os regates e conectou o puntapé para cruzar o balón mentres que Abreu o seguiu coa mirada. Vantaxe local pasada a media hora de xogo. 
Aínda tivo o Celta un segundo instante de ledicia antes do intermedio. Julio Delgado recolleu un balón cruzado, avanzou pegadiño á liña de fondo tras sortear a un rival e puxo o esférico no corazón do área pequena, onde apareceu Adrián Rodríguez coa bota preparada para empuxar o esféfico.
O Porriño renovou folgos e xogadores no intermedio. Da comodidade chegou a perder a súa habitual intensidade o que, unido a medirse a un conxunto de maior calidade, custoulle dous goles. Reiniciouse con acerto porque, ó cuarto de hora da segunda metade, Jimmy asinou o gol visitante que cuestionaba a vitoria local.
Pola súa banda, o Celta tivo as súas opcións pare asinar a sentenza, pero careceu do acerto do primeiro tempo. Foi superior no xogo o conxunto de David de Dios, pero tivo que sufrir os intentos de chegada do Porriño. Coas ideas claras, o equipo da Louriña metía balóns longos cos que facía pasar apuros a zaga céltica. Foi máis incertidume que perigo real, pero durante todo o segundo tempo o encontro estivo aberto e coa sensación de que podería chegar o gol en calquera acción. 
Non sucedeu e o Celta xuvenil regresa á vitoria para continuar na zona alta da clasificación mentres que o Porriño queda na quinta praza e coa sensación de que está un paso por debaixo dos galos, pero lonxe dos equipos de descenso.

Celta: 
Ángel, Javi, Sergio, Bugallo, Diego, Peña, Julio, Rocha (Silva, min. 51), Brais, Álex (Adrián Iglesias, min. 68), Adrián Rodríguez.
Porriño Industrial: 
Abreu, Diego, Carlos (Adri, min. 46), Senén, Tino, Richi (Aarón, min. 58), Rubén, Davo, Maikel, Varela (Migui, min. 46), Raúl.
Goles: 
1-0, min. 32: Brais; 2-0, min. 42: Adrián Rodríguez; 2-1, min. 60: Jimmy. 
Árbitro: 
José Luis González Sobrado. Amosou cartón amarelo a Bugallo e Peña polo Celta e a Adri, Richi e Raúl polo Porriño Industrial:
Incidencias:
Partido disputado no campo de A Madroa ante, aproximadamente, 300 espectadores no graderío. 

Te puede interesar