fútbol

O Choco sae do pozo

Gándara, co balón, ante a presión dun futbolista do Ordes.
photo_camera Gándara, co balón, ante a presión dun futbolista do Ordes.

O equipo de Redondela derrota ó Ordes con goles de Rober, Silva, Comis e Félix para superar ó Castro e abandonar o descenso

O Choco superou onte ó Ordes no terreo de xogo de Santa Mariña e sae da zona de descenso ó superar na táboa clasificatoria por un punto ó Castro. 
O enfrontamento era de vital importancia para a formación dirixida por Marcos Montes porque recibía a outro equipo metido nas posicións que conducen a Preferente. A realidade foi que a formación de Redondela amosouse superior dende os primeiros minutos de partido e, ademais, onte tamén tivo eficacia no remate, un aspecto no que fallou ó longo desta tempada en moitos partidos.
Rober abriu o tanteador ós vinte minutos de partido e antes do descanso anotou Silva para ir o vestiario cunha vantaxe cómoda. No inicio do segundo acto foi Comis o que superou a Castelos para encauzar a vitoria local de xeito case definitivo.
Monroy fixo o tanto local e Félix, tras moitos meses sen marcar, pechou o partido e o marcador en Santa Mariña.

Choco:
Cortegoso, Gonzalo (Javi González, min. 27), Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober (Marcos Pérez, min. 44), Gabi Misa, Comis, Félix, Silva (Óscar Pérez, min. 77). 
Ordes:
Castelos, Boo (Soucase, min. 74), Vidal, Alberto Varela, Rubén Caamaño, Melgarejo, Monroy, Misik (Puyi, min. 12), Aparicio, Vilas (Caicedo, min. 36), Abel Torres. 
Goles:
1-0, min. 19: Rober; 2-0, min. 44: Silva; 3-0, min. 51: Comis; 3-1, min. 57: Monroy; 4-1, min. 80: Félix. 
Árbitro:
Manuel Casanova. Amosou cartón amarelo a Puyi, do Ordes.
Incidencias:
Partido da vixésimo primeira xornada disputado en Santa Mariña. 

Te puede interesar