fútbol

Con claras limitacións

Juan Hernández protexe o esférico ante a presión dun futbolista do Adarve no encontro da primeira volta.
photo_camera Juan Hernández protexe o esférico ante a presión dun futbolista do Adarve no encontro da primeira volta.

Case dan máis temor os xogadores do Celta B que non poden viaxar que o equipo que se medirá este mediodía ó Unión Adarve de Madrid no campo de fútbol Vicente del Bosque. Rubén Albés perde para este encontro por sanción a Dejan Drazic e Rai Marchán, que se engaden ás ausencias por lesión de Kevin Vázquez e Alberto Solís e a habitual de Brais Méndez, convocado polo primeiro equipo. De feito, o mediapunta xa fai varios meses que non participa co segundo equipo. 
Debido a estas circunstancias, a formación céltica viaxou con 17 xogadores entre os que está o xuvenil Franco Lobos. O técnico dos vigueses terá que facer encaixe para recompoñer o equipo e, especialmente na medular onde Rai Marchán é unha peza inamovible para o técnico. De feito, non existe ningún futbolista específico para a posición de pivote e Albés deberá adiantar a un central como Ross ou por situar a Tiá Sastre ó lado de Dani Molina. Esta solución sería de carácter extremadamente ofensivo. 
En todo caso, o Celta B que saltará ó terreo de xogo este mediodía ante o Unión Adarve será novidoso. O seu rendemento é unha incógnita ó ter tantos condicionantes. Ademais, a formación viguesa debe buscar a vitoria para regresar ás prazas de promoción de ascenso. 
Como opoñente terá un Unión Adarve, que ascendeu esta tempada á Segunda División B, pero que conserva os seus elementos de equipo de barrio, concretamente do madrileño do Pilar. Entre moitas caracterísicas, a entrada ó Vicente del Bosque é gratuita ata completar aforo. Auténtica filosofía clásica.n

Te puede interesar