traiñeiras

Baiona acollerá o inicio da Liga Galega de Traiñeiras

Ziérbena sae dunha baliza na regata do ano pasado disputada en Moaña.
photo_camera Ziérbena sae dunha baliza na regata do ano pasado disputada en Moaña.

A competición autonómica comezará na Ría de Vigo e a ACT terá catro regatas en Galicia

A Liga Galega de Traiñeiras empezará esta tempada na Ría de Vigo e, concretamente, na vila de Baiona. A data prevista para o inicio e o sábado 16 de xuño, aínda que a directiva da competición autonómica non pechou a totalidade do calendario. 
En todo caso, este comezo será idéntico o de anos anteriores, con regata das tres categorías e un acto de presentación oficial tras a xornada de remo. A novidade chega pola ubicación porque nos últimos lustros non se recorda ningunha regata de traiñeiras en augas de Baiona. 
O final da tempada da Liga Galega de Traiñeiras será en Ares con bandeira a dobre xornada o 25 e 26 de agosto e tamén para todas as categorías, tanto a primeira división, a segunda como a competición feminina. 

Catro regatas galegas
Por outra banda, a Liga ACT celebrou onte unha asamblea e anunciou o seu calendario completo para este verán, que destaca por manter catro regatas en Galicia, a pesar de que esta tempada soamente vogan Tirán e Cabo da Cruz na máxima categoría do remo en España.
Esta circunstancia chega porque a cidade de A Coruña acollerá unha bandeira a dobre xornada o 7 e 8 de xullo. A esta cita engadiranse as probas de Moaña e Boiro, organizadas por Tirán e Cabo da Cruz. Serán o último fin de semana de agosto e chegarán a catro días da eliminatoria da Bandeira da Concha. Ó igual que o ano pasado, evita que moañeses e boirenses pasen máis dunha semana lonxe da casa. 
Bilbao acollerá o inicio da competición o 23 ou o 24 de xuño, aínda está por definir, e a dobre xornada de competición comezará en Portugalete o último día do mes. Esta cita tamén será a primeira regata da Liga Euskotren, a competición feminina, que este ano incrementa o número de regatas de oito a catorce. As dúas primeiras citas serán clasificatorias e puntuables, mentres que o remate mantense na Bandeira de Zarautz, a mediados do mes de xullo. 
Este troco de calendario facilita que a competición feminina regrese a Galicia tras a ausencia dos últimos anos. Será precisamente a Bandeira da Coruña a que acolla ás mulleres. Agora queda por determinar se algunha das embarcacións galegas apostar por estar na Liga Euskotren e que acaden unha praza nas regatas clasificatorias. O calendario é máis atractivo e esixente.n

Te puede interesar