liga galega a

Amegrove supera a Meira por segunda ocasión nesta tempada

Amegrove gañou en Vilaxoán.
photo_camera Amegrove gañou en Vilaxoán.

A traiñeira de Amegrove vestiuse onte de Samertolameu para derrotar á embarcación moañesa e acadar a vitoria en augas de Vilaxoán cunha renda de nove segundos.


Na habitual batalla que teñen as dúas embarcacións en cada proba da primeira categoría do remo galego, e que habitualmente gaña a de Meira, o bote grovense comportuse mellor na proba de onte. Amegrove tomou a primeira baliza cunha renda de dous segundos, no ecuador da proba xa dispoñía de catro e na terceira virada a regata estaba sentenciada, xa que a diferenza foise ata os once segundos. Precisamente, este guión é o que habitualmente asina Samertolameu. 
Na loita por evitar o descenso, Chapela foi penúltima e A Cabana pechou a regata. Deste xeito, consolídanse na posición de promoción e na de descenso directo. Non obstante, aínda queda a metade da Liga Galega A e ambas tripulacións están separadas por dous puntos.n

Te puede interesar