división de honra xuvenil

O Alondras vive un día grande

O Alondras logrou a vitoria onte ante o Astur.
photo_camera O Alondras logrou a vitoria onte ante o Astur.

O Alondras rachou onte una xeita de catro xornadas sen gañar e nas que tampouco saían as cousas ó equipo de Álex Abelleira.


Por este motivo, o encontro de onte ante o Astur supón un reforzo anímico para o equipo de Cangas, que logra afastarse da zona de descenso ademais de gañar con clarididade a un rival directo. 
O equipo de Cangas adiantouse no tanteador ós oito minutos de xogo gracias a un tanto de Álex e aproveitou este tanto para xogar con tranquilidade ante un rival que tiña problemas para xerar ocasións.
O segundo tanto chegou xusto antes do descanso e o equipo local aproveitouno para planificar unha segunda metade de control e contragolpe. A táctica serviulle para gañar o partido e asinar unha goleada grazas os tantos de Champi, que anotou dous, e Gabri. 
Con esta vitoria, o equipo de Cangas ascende ata a décima praza e asegura rematar a xornada fóra da zona de descenso. Todo un logro para un equipo recén ascendido que busca manterse na División de Honra xuvenil.

Alondras: 
José, Pol, Sergio, Romero, Cris, Borja (Carlos, min. 46), Pastoriza (Diego, min. 60), Álex (Samu, min. 70), Gabri, Champi, Luismi (Beto, min. 90).
Astur: 
Peña, Hugo, Pablo, Luis, Suárez, Fedo (Luismi, min. 85), Aarón, Cristian (Secades, min. 72), Abel, Pablo (Moa, min. 46), Richi.
Goles: 
1-0, min. 8: Álex; 2-0, min. 44: Champi; 3-0, min. 50: Champi; 4-0, min. 65: Gabri; 4-1, min. 75: Abel. 
Árbitro: 
García Lesta. Expulsou por dobre amonestación a Sáurez (min. 85)e cartón vermello a Abel (min. 87).

Te puede interesar