atletismo

Un Abanqueiro de color celeste

Un dos grupos de atletas tomaron a saída no parque de Castrelos na xornada de onte.
photo_camera Un dos grupos de atletas tomaron a saída no parque de Castrelos na xornada de onte.

O Celta suma catro vitorias parciais nunha xornada marcada polo frío e coa participación de preto de 300 atletas

O parque de Castrelos acolleu a décimo sétima edición do Cross Andrés Abanqueiro, organizado pola Asociación Viguesa de atletismo e puntuable para o programa Xogade de deporte escolar. Nos trazados confeccionados no parque vigués déronse cita uns 250 atletas dende a categoría de pitufos ata a de cadete. Sobre un chan rápido, os corredores tiveron que quecer o frío inicial para sacar o seu mellor rendemento. 
O Celta de atletismo foi o club destacado no referente ás vitorias porque sumou ata catro triunfos parciais nunha xornada con reparto de títulos entre as distintas entidades participantes. O listado de gañadores foi o seguinte: Sabrina Rodríguez (Párroco Don Camilo) e Ángel Rodríguez (Beade), en pitufos; Catalina López (Castro-San Miguel) e Bruno Losada (Celta), en prebenxamín; Mara Alonso (Celta) e Adrián Rodríguez (Mar de Vigo), en benxamín; Sofía Calabresi (AVA) e Álex Sierpes (Trega), en alevíns; Marcela Morgado (Trega) e Dawit Comesaña (Celta), en infantil e Yurena García (Marín) e Pedro Vázquez (Celta), en cadetes. 
A disputa de sendos cross escolares no Morrazo e en Baiona limitou algo a participación no tradicional Andrés Abanqueiro, que aínda así amosouse como unha referencia dentro do atletismo vigués durante a época de inverno, que está marcada polas competicións de campo a través. 
No referente á participación, destacou a delegación do Celta de atletismo, especialmente numerosa. Tamén foi notable a presenza da Asociación Viguesa de Atletismo (AVA), do Beade, do Comesaña Sporting Club e do San Miguel. O Tui-Thermalia e a Sociedade Deportiva Trega foron as entidades non viguesas que tiveron máis atletas no Trofeo Abanqueiro. 
A xornada de onte tamén serviu para comprobar a evolución dos corredores, que en vindeiras datas terán que afrontar o Campionato de Pontevedra do programa escolar Xogade. Onte, en Castrelos, ante un entregado público, os cativos tiveron a oportunidade de correr entre amigos e nun ambiente sempre familiar que empurra os pequenos nos momentos de debilidade.n

Te puede interesar