LEDICIA COSTAS Escritora de Vigo asinou libros de Escarlatina e outros

“Semella que me persigue a sombra de escarlatina, pero é un verdadeiro gozo”

LEDICIA COSTAS
photo_camera LEDICIA COSTAS

 Ledicia Costas estivo onte acompañada na Feira do Libro por Víctor Rivas, o ilustrador de Escarlatina. Mentres ela adicaba exemplares, el ilustrábaos. Acudíu con todo o seu repertorio de publicacións, pero pola que foi máis demandada volveu ser a pequena defunta.


Coa súa traxectoria, non se sente perseguida pola personaxe de Escarlatina?
O certo é que escribín o segundo libro (Esmeraldina) por petición dos nenos. Eu sabía que a historia daba para máis. Cando a imaxinei, xa tiña na cabeza todo un universo ao seu redor. E adianto que xa estou traballando na terceira entrega, “Os arquivos secretos de Escarlatina”, unha historia alternativa, publicado en gran formato e totalmente interactivo para dar resposta ás preguntas que me fan os nenos. Recoñezo que semella me persigue a sombra de Escarlatina, pero é un verdadeiro gozo. Faime moita ilusión ver aos cativos engachados á lectura e en galego. Mais ten outros libros como ‘Jules Verne e vida secreta das muller planta’, moi valorados pola crítica, que non teñen logrado esa difusión.
É certo que foi premio Lazarillo que está moi por debaixo da repercusión de Escarlatina. Agora comeza unha nova traxectoria, xa que vai ser traducido ao italiano.


Que importancia ten para a súa literatura o contacto cos nenos?
Dame a vida, porque permíteme saber o que queren e o combino co que me apetece escribir. Este curso fixen máis de 150 colexios por toda Galicia. É importante para que vexan quen está detrás dos libros; os nenos sempre pensan que os escritores son vellos que xa morreron. 


Síntese a gusto na literaratura infantil?
Moito, cando se consigue conectar coa lóxica dos nenos, éntrase nun mundo máxico. Pero este verán comezarei unha novela para adultos, aínda que antes sairá ao mercado á terceira parte de Escarlatina e “A señorita Babbel”, con ilustracións de Andrés Meixide, onde creo unha nova personaxe relacionada cos inventos.


Que lle parece a Feira do Libro de Vigo?
É necesario para facernos visibles, pero en Vigo tense que ampliar. Lembro que con 6 ou 7 anos era un ritual vir coa miña nai á Feira. Daquela semellaba que as casetas eran infinitas. Hai moito camiño que andar.n

Te puede interesar