Son navideño, un legado de Vilar para o mundo
A zona de Lavadores recuperou unhas panxoliñas e cantos de berce, que serán cantadas o próximo día 19 en Santa Cristina
A zona de Vilar, na parroquia de Lavadores, quere ter un legado 100% do seu lugar e mostralo a Galicia e ao mundo. Para iso, a Irmandade de Festas de Santa Cristina púxose mans á obra para recuperar certa tradición esquecida. Entre elas, as panxoliñas e os cantos de berce típicos do Nadal de antano. Aí nace o canto que se inclúe na Coral de Rivera Atienza, composto por unhas 20 voces, que terán a súa grande actuación diante dos seus veciños o próximo venres, 19 de decembro, na igrexa de Santa Cristina de Lavadores.
A proposta de recuperar esas panxoliñas que son autóctonas de Vilar foi posta en marcha co empeño de Varo Caride, presidente da Irmandade de Festas de Santa Cristina. Él leva varios anos coa insistencia de retornar esa tradición perdida dese punto en concreto de Vigo. Xa recuperaron o Alalá, representado polo coro en anteriores ocasións, e neste ano recibiu un agasallo herdado de Lola ‘da Chinta’, unha das mulleres máis representativas da zona no seu eixo cultural. “Ela cantaba estas panxoliñas, estas cancións de berce, e foron recuperadas pola súa filla, María Xosé Martínez". Lola, xa falecida, era a filla de Perello, un mordomo e último en organizar a danza de Damas e Galáns, baile que se recuperou hai dous anos.
A propia María Xosé Martínez, da agrupación Salgarete, foi vital para a recuperación deste legado da súa nai. Percorreu e investigou ademais por toda a provincia máis cantigas de Nadal. A dificultade, segundo Caride, residiu máis en crear unha sintonía entre o coro e un son folk do grupo Boinha. Ás voces se incorpora a frauta, a percusión e o acordeón para crear un son diferente. “Hai historias curiosas no canto. Facíanse para que unha muller dese indicacións ao seu amante de que o home estaba na cama, e non poderían ter o seu encontro amoroso”, apuntou Caride.
Dende a Irmandade loitan por preservar e descubrir un legado que deixaron os antepasados da zona de Vilar. Cada ano buscan destapar historias de Lavadores. Xa se atopan traballando e buscando información sobre os bautismos prenatais, antigos ritos populares que se facían no Río Lagares. “Temos xa localizados tres puntos do Lagares onde se facían este tipo de bautismos no ventre das nais, e tamén temos un testimonio de unha persoa que foi bautizada dúas veces”, apuntou Caride.
Contenido patrocinado
También te puede interesar