A música en clave de muller
A sede viguesa da Deputación acolleu o gala de “Descúbreas”, onde intérpretes mentorizadas polo programa presentaron o resultado do seu traballo
Cinco das oito rapazas que participaron na segunda edición de “Descúbreas” presentaron en vivo por primeira vez os seus temas elaborados durante o programa: Ane Swan interpretou ‘Queen among shadows’, A Riso ‘I eu?’, Caro Lemos actuou co seu tema ‘Despiértate’, María Gabeiras presentou ‘Impuntual’ e, finalmente, Sara Casas interpretou ‘Silencio’. Todas elas volveron subir xuntas ao centro da sala Rosalía de Castro para sorprender coa segunda gran sorpresa musical da noite: un retrouso do tema ‘Penélope’ de Guadi Galego en homenaxe á artista, que actuou como madriña do programa ao participar no concerto de despedida da 1ª edición de “Descúbreas” no Castelo de Soutomaior, e cuxa canción ‘Matriarcas’ foi ademais a escollida para a primeira peza colaborativa que o programa elabora todos os anos coas escolas de música da provincia. Ademais Xía Rodríguez e A Riso protagonizaron un dos momentos máis especiais da noite: a súa actuación a dúo co tema ‘Ya no’ da propia Xía Rodríguez.
Alba, Ane, Caro, María, Sara e Xía non estiveron soas no escenario, senón que estiveron moi ben acompañadas. Catro músicas galegas profesionais moi recoñecidas na industria apoiáronas durante as súas actuacións: a baixista Ana Lucía Pérez, coñecida por ser integrante de bandas como Agoraphobia, a guitarrista Laura Solla, a pianista Lidia Aldao e a batería Marina Acuña. Elas catro foron as encargadas de desvelar, deste xeito, unha novidade deste ano no marco de “Descúbreas”, que segue tecendo redes activistas de sororidade no sector para apoiar as mozas e rapazas que están a dar os primeiros pasos das súas carreiras profesionais. Así, de cara a terceira edición,o programa da Deputación e Regalamúsica contactou con numerosas intérpretes profesionais para conformar unha banda de apoio que acompañará as rapazas mentorizadas, segundo a dispoñibilidade das súas integrantes, durante as súas actuacións.
“Descúbreas”, que ten conseguido xa o Premio Martín Códax da Música ao mellor espazo de comunicación e divulgación musical, trátase, en palabras da presidenta provincial, Carmela Silva, “dun dos proxectos aos que lles teño máis afectos”. Subliñou que “cada vez hai máis mulleres fortes na música e que temos en Galicia, na nosa provincia, mozas con grande éxito nacional e internacional pero aínda é moi insuficiente. Por iso precisamos apostar por este programa, é unha obriga que dentro do relato político as mulleres estean no centro, particularmente na música”. Neste eido remarcou que o obxectivo principal de “Descúbreas” é romper coas “inxustizas” que existen na industria musical a través “dunha plataforma e un programa de mentorización para oito rapazas que, ademais de participar da formación tamén se relacionan con promotoras e produtoras musicais”.
Na gala tamén se presentaron as demais novidades do programa a través de breves vídeos explicativos, con iniciativas como a propia banda de apoio ou unha xornada de networking con profesionais do sector musical.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez