O Hamlet de Cunqueiro lembra o centenario do seu nacemento
A representación teatral será a primeira homenaxe dun ano adicado ao escritor mindonense
Os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro co gallo do centenario do seu nacemento e os trinta anos do seu pasamento comezan esta fin de semana. Así a programación cultural de Novacaixagalicia presenta a obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, que será posta en escena por Sarabela Teatro o sábado, ás 20.30 horas, no Centro Cultural.
Os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro co gallo do centenario do seu nacemento e os trinta anos do seu pasamento comezan esta fin de semana. Así a programación cultural de Novacaixagalicia presenta a obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, que será posta en escena por Sarabela Teatro o sábado, ás 20.30 horas, no Centro Cultural.
Ánxeles Cuña Bóveda dirixe a un elenco de actores formado por Josito Porto, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Tito Asorey, Alfredo Rodríguez, Elena Seijo e Fina Calleja, que dan vida a esta peza única do escritor galego.
A compañía ourensá achega un texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito, a xuizo da crítica, ritmo, musicalidade, escritura marabillosa con grandes acertos técnicos, forza dramática e orixinalidade. Unha montaxe cunha teatralidade nova do mal, combinada co uso da ironía e procedementos lúdicos, na que se equilibran as forzas: amor-morte.
Toda a traxedia xira arredor da responsabilidade humana nun mundo en descomposición, unha temática que ten absoluta vixencia na actualidade. Cunqueiro toma este mito do lendario príncipe da Dinamarca do século I, que sería inmortalizado por Shakespeare, e fai del unha reinterpretación propia, mesturándoo co clásico de Edipo e introducindo substanciais variacións para adaptalo á sociedade actual.
As entradas (entre 3 e 10 euros) están á venda en www.servinova.com, no despacho de billetes telefónico 902 504 500 e o día da actuación, no despacho de billetes do teatro.
Ano de Cunqueiro
As actividades do progama 2011, Ano Cunqueiro comezarán nas rúas da cidade o vindeiro 21 de febreiro. As obras do escritor sairán á vía pública e os seus textos viaxarán nos autobuses vigueses na que pasou boa parte da súa vida. O acto central, no que intervirá Luís Emilio Batallán, terá lugar o 26 de febreiro no Centro Cultural de Novacaixagalicia. Nas actividades colaborará a Asociación do Casco Vello e as lecturas dramatizadas coa Escola Superior de Arte Dramática.
O resto dos meses a programación trasladarase a outras localidades para voltar a Vigo no mes de septembro co Congreso Internacional Mil e un Cunqueiros, organizado polo Consello da Cultura Galega e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Como conferencias plenarias están previstas as intervencións de César Antonio Molina, John Rutherford e Méndez Ferrín.
En decembro terá lugar o faladoiro que analizará o Cunqueiro xornalista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez