“Galicia Ilusiona” traerá a maxia a Vigo en outubro co Xacobeo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou onte xunto aos magos galegos Pedro Bugarín e Dani Polo o Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona, que chegará en outubro. A iniciativa xa percorre toda Galicia desde o 1 de agosto con máis de 220 actuacións en máis dun centenar de concellos galegos.
Segundo avanzou Fernández-Tapias, que estivo acompañada polos directores e promotores Pedro Bugarín e Daniel Polo, o espectáculo recalará o 9 de outubro no Auditorio Mar de Vigo e dous días antes haberá unha función solidaria na Unidade de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. “Trátase de maxia dun altísimo nivel da man dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento que xa están inundando de ilusión Galicia nun ano máxico inesquecible”, sinalou a representante autonómica. A Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia e levar e encher de ilusión toda a comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último