Un documental revela o Vigo “gran capital do galeguismo”

Día das Letras

"Rescatada. 68 anos agardando a memoria filmada" pode verse no Marco tras un labor titánico de recuperación

ana fuentes. vigo

Publicado: 18 may 2019 - 01:42 Actualizado: 19 may 2019 - 03:53

Miguel Fernández Cid presentou o documental ante o alcalde, Silva, Regades, e Antía Cal.
Miguel Fernández Cid presentou o documental ante o alcalde, Silva, Regades, e Antía Cal.

“Para min é un día emocionante”, dixo o director do Marco, Miguel Fernández Cid, ó presentar “Rescatada. 68 anos agardando a memoria filmada”, un documental que pode verse no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo tras un traballo titánico de recuperación e que mostra gravacións realizadas por Antón Beiras nos anos 1951 e 1952. Ademáis da relevancia de documento histórico, a fita ten para Fernández Cid algo de memoria da infancia, porque Beiras o tratou do seu estrabismo sendo razpaz y viña de Pontevedra a Vigo cada quince días. “Proxectos coma este teñen cabida no Marco”, salientou.

O director do proxecto, Miguel Piñeiro, de Atlantis Multimedia, destacou que “é unha historia de casualidade e curiosidade ó atopar tres latas das que unha estaba inservible. Así que fixemos cortes fotograma a fotograma, dixitalizamos e voltamos a poñela en marcha”, dixo, para descubrir no seu contido que “Vigo era a gran capital do galeguismo”.

O alcalde Abel Caballero destacou o feito de elixir o Día das Letras Galegas para mostrar este traballo, “nun día no que se combina pasado e modernidade e se proxeca nunha gran pantalla este documental, que é un contra-nodo”, asegurou.

No arquivo familiar de Antía Cal (que onte asistíu á estrea) e Antón beiras apareceu hai uns anos unha lata cunha película no interior inservible. Emprendeuse un labor que parecía imposible para dixitalizar 17.000 fotogramas que mostran a visita, entre 1951 e 1952, dunha delegación da emigración na Arxentina e pode verse como visitan a Real Academia Galega, van a unha homenaxe a Curros e Pardo Bazán, á Editorial Galaxia acabada de fundar ou o ingreso na Real Academia Galega do arquitecto vigués Gómez Román no Casino de Vigo, onde unha orde gubernativa prohibíulle facer o discurso en galego. Este momento é o máis sustancioso da gravación e pode verse a Gómez Román traballando no seu estudio, recorrendo a rúa García Barbón e subindo no tranvía a Teis, ademáis dalgúns dos seus edificios máis senlleiros, como a esquina de Marqués de Valladares con Reconquista ou o inmoble da Alameda que hoxe é un hotel de luxo. Otero Pedrayo, Fernández del Riego, Filgueira Valverde, Celso Emilio, Paz Andrade, Cabanillas, Illa Couto o Álvarez Blázquez convértense en protagonistas.

A fita conclúe cunha comida de homenaxe ós membros do Centro Galego que están de visita, á que convidan a personaxes da cultura da cidade, que posan para unha foto de grupo e terminan bailando unha muiñeira. O documental é mudo e está acompañado dunha voz en off de Xurxo Martínez.

Unha proxección comentada anima o Día dos Museos no Marco

O Marco ten hoxe unha ampla actividade polo Día dos Museos e nela inclúe a proxección do documental "Rescatada. 68 anos agardando a memoria filmada" en versión comentada polo historiador Xurxo Martínez ás 20 horas. O documental poderá verse calquera día até o 15 de setembro. Ademáis haberá regueifas con Alba María e Mani Braga ás 12.30 horas, obradoiros infantís para público familiar de 12 a 14 e de 18 a 20 horas, o Maratón Sabidurius de 18 a 20 horas, visitas guiadas á biblioteca e centro de documentación e visitas guiadas ás exposicións. A máis chamativa é a mostra "Destacados. Colección Telefónica" con obras de Picasso, Gris, Chillida o Tàpies entre outros. n

Contenido patrocinado

stats