Queremos Galego tamén sae á rúa en Vigo
VIGO
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades, organizou onte unha ducia de mobilizacións nas principais cidades e vilas do país para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego". Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo quere recordar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas, en todos os concellos. En Vigo saíu do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz. "Máis que nunca, queremos galego", recolle o manifesto deste 17 de maio, "porque a situación do galego é crítica mais a situación pode mellorar se se comeza por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, a respirar libremente en todos os espazos; porque o 22,7% das persoas de 4 a 15 anos non saben falar galego; porque existen límites de todo tipo, tamén legais, para empregalo con normalidade", sinalan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas