A Deputación reivindica as mulleres do sector primario durante o Nadal
“Elas son a forza do Nadal”. Con este lema, a Deputación leva poñendo en marcha desde 2019 a campaña de visibilización do traballo, o esforzo e o valor das mulleres produtoras da provincia, cuxo traballo é imprescindible especialmente nestas datas onde practicamente todos os produtos presentes nas mesas onde se xuntan as familias son froito do seu labor: desde o marisco, ata a carne ou o peixe, como produtoras e tamén como vendedoras nos mercados e prazas de abastos. A presidenta provincial, Carmela Silva, presentou os materiais deste ano acompañada da deputada de Igualdade, Victoria Alonso, e das protagonistas da campaña, todas elas mulleres do sector primario: Montserrat Areán, María José Tallón, Natalia Rodríguez, Ana Beatriz Amoedo, Nuria Novelle e Leticia Álvarez.
A campaña recolle os testemuños destas 6 mulleres profesionais de diversas áreas dentro do sector: marisqueo, agricultura, sector lácteo, vendedoras en mercados de abastos, sector vitivinícola e tamén turismo mariñeiro. Montserrat Areán, de Rodeiro, leva máis de 20 anos á fronte dunha granxa en Vilafrío. María José Tallón, de Silleda, é propietaria da empresa Trasdeza Natur, que obtivo diversos premios, recoñecementos e selos de calidade pola súa actividade. Natalia Rodríguez, de Baldráns (Tui), está á fronte das Adegas Corisca e é pioneira na recuperación de prácticas de agricultura ecolóxica na D.O. Rías Baixas. Ana Beatriz Amoedo, de Cambados, é horticultora dentro da cooperativa Horsal e tamén en Condes de Albarei. Nuria Novelle, mariscadora de Redondela, é vicepresidenta da agrupación de mariscadoras e confraría San Xoán de Redondela, ademais de presidenta de Amarturmar (asociación de turismo mariñeiro). Leticia Álvarez é peixeira no mercado do Calvario, en Vigo.
Carmela Silva, lembrou que esta campaña ten un dobre obxectivo. Por unha banda, busca “visibilizar o papel fundamental das mulleres do sector primario que traballan en toda a cadea de valor dos sectores produtivos do mar e da terra, na produción e na comercialización”. A presidenta incidiu en que “queremos pólas en valor porque son imprescindibles nun sector que xera moita actividade económica e permite que tanto na costa como no interior se poida manter a poboación: todos os estudos din que o rural non terá futuro se as mulleres non apostan por vivir nel e son elas quen manteñen a vida no medio rural”. Ademais do seu papel “fundamental” na economía, asegurou, “teñen compromiso coa sostibilidade e o respecto ao medio ambiente, cultivando produtos que nos dan fama internacional”. Pola outra banda, a campaña “pon en valor o produto de proximidade, de quilómetro cero, ecolóxico e tratado con moito coidado para que a nosa enogastronomía sexa de excelencia e altísima calidade”, asegurou a presidenta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas