Unha biblioteca municipal levará o nome de Xela Arias
vigo
A proposta da viguesa, presentada dende o instituto de Chapela, impúxose a outras quince candidaturas, todas mulleres
A partir de 2019 a biblioteca de Chapela pasará a chamarse biblioteca municipal Xela Arias. Así o decidíu un xurado composto por persoal do centro, do arquivo municipal de Redondela e do departamento de normalización lingüística do mesmo concello. “Recibimos quince instancias e curiosamente tódalas propostas son de nomes de muller, despois de eliminar ás que non cumprían cos requisitos, mantivemos un longo debate ata que tivemos o fallo”, recoñeceu María José Villar, responsable da biblioteca.
Xela Arias cumpría tódolos criterios: Ten relación coas Letras Galegas, conta cunha traxectoria coñecida e non posúe otra homenaxe na vila de Redondela. Así, impúxose a nomes tan importantes como o de Ledicia Costas, Pardo Bazán, Begoña Caamaño, Teresa Moure ou María Xosé Queizán: “Gustounos que fóra unha traductora e escritora potente, que pese a falecer tan prematuramente, ten unha obra moi sólida; ademáis tamén valoramos que estivese vencellada con Chapela ao ter impartido clase no noso instituto e que contribuíse a visibilizar o traballo das mulleres”, afirmou Villar.
Precisamente a proposta saíu do IES Chapela, a través do equipo da súa biblioteca, encabezado por Cristina Garabatos; o director, Miguel Pérez e a subdirectora, Olga Rey. “Enterámonos do concurso e pensamos en Xela porque traballou aquí no curso 2000/2001, coñecémola e consideramos que era merecedora da homenaxe”, apuntou Garabatos.
A biblioteca municipal de Chapela espera a que a decisión sexa aprobada no pleno, un trámite burocrático que se contaba saldar en outubro, pero por motivos de axenda quedou postergado ata a vindeira sesión, en novembro. Unha vez teñan o respaldo do goberno local, organizarán un acto ao que estará invitada á familia da homenaxeada. Estiman que teña lugar entre finais de ano e comezo de 2019.
A consulta para a elección dun nome, que tivo a convotaria aberta dende xullo ata septembro, englóbase no contexto do cincuenta aniversario das bibliotecas municipais de Redondela. Mentras a da vila está adicada a outro escritor Ramón María del Valle Inclán.
Xela Arias Castaño (1962/2003) estivo vinculada a Edicións Xerais dende a súa creación. Publicou “Denuncia do equilibrio” (1986), “Tigres coma cabalos” (1990), Darío a diario (1996) e “Intempériome” (2003). Ademais conta cunha importante laboura de traducción.
María Alonso Seisdedos, primer premio de traducción
Cando se cumpren quince anos da morte de Xela Arias, o seu gremio , a Asociación Galega de Profesionais da Traducción e da Interpretación, Agpti, tamén reivindica o seu legado, convocando un premio á traducción co seu nome. “É unha figura importante no noso ámbito e pensamos que non é suficientemente coñecida, con este galardón queremos contribuír a divulgar o seu traballo”, explicou Iria Taibo, presidenta entrante.
Así, a asociación dá hoxe a coñecer o nome do primeiro premio Xela Arias, que recaeu en María Alonso Seisdedos. Tradutora literaria e audiovisual, foi unha das responsables da publicación en galego do “Ulises”, de Joyce e destaca o seu traballo na serie da TVG “Shin Chan”.
O fallo do xurado xusticase xa que din de María Alonso que “é responsábel de grande número de traducións que teñen sido moi significativas para a normalización e dignificación da lingua galega, tanto pola importancia dos traballos como pola súa grande calidade”. Asemade poñen en valor o seu compromiso coa profesión.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Día de las Fuerzas Armadas
Vigo se vuelca con el Día de las Fuerzas Armadas en un desfile sin espectáculo aéreo ni izado de bandera