A Biblioteca Pública Nodal de Lugo foi o escenario elixido para presentar unha exposición multimedia que se desprazará por Galicia para achegar aos visitantes a vida e obra do poeta monfortino Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A citada exposición, organizada polas consellerías de Cultura e Educación, coa colaboración do equipo 'Ouvirmos', estará en Lugo durante quince días. Posteriormente, iniciará un periplo que a achegará ás outras cinco bibliotecas nodais que hai en Galicia e a numerosos centros escolares da Comunidade.