Pontevedra pecha todas as sendas peonís dos ríos e accesos próximos ao Lérez polo temporal
borrasca Joseph
O Concello activa o protocolo de seguridade e pecha os accesos fluviais e varias rúas ante a alerta laranxa por risco de inundacións pola borrasca Joseph
O paso da borrasca Joseph este luns por Pontevedra obrigou ao Concello a activar o protocolo de seguridade e pechar os accesos fluviais e varias rúas ante a alerta laranxa por risco de inundacións. A concelleira de Protección e Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, informou esta mañá das medidas adoptadas perante a situación meteorolóxica adversa.
Debido á alerta laranxa por risco de inundacións no río Lérez e, especialmente, á alerta vermella activa en concellos próximos como Campo Lameiro ou Cerdedo-Cotobade, decidiuse restrinxir o acceso a diversas áreas da cidade por precaución.
Vilaverde explicou que, dado o incremento considerable de chuvias que se agarda durante todo o día, procedeuse a pechar os accesos aos ríos e ás zonas coñecidas por ser inundables.
As medidas afectan tanto ao tránsito peonil como ao tráfico rodado nas seguintes localizacións:
- Tráfico rodado: quedan pechadas a rúa Otero Pedrayo, Conde Bugallal, a zona da Avenida de Vigo cara a Tomeza; e a estrada interior que une con Salcedo pegada ao río. Tamén se cortará o paso en Monte Porreiro (na zona do centro de saúde e rúa Reino Unido) e requírese precaución na zona de Eduardo Pondal coa rúa da Estación (Ponte Boleira).
- Sendas peonís: quedan clausuradas todas as sendas que transcorren á beira do Lérez, así como as dos ríos Gafos e o río Rons. Desde o Concello recoméndase á cidadanía non achegarse aos leitos dos ríos nin realizar actividades nas súas proximidades, así como evitar cruzar por zonas que xa se atopen asolagadas ante o risco de desbordamentos repentinos que poidan causar un susto. A acumulación de auga prevista, derivada tanto das precipitacións locais como das choivas nos concellos "río arriba", obriga a extremar as precaucións. Todos os servizos municipais e de emerxencia están a disposición e pendentes de calquera incidencia relacionada coas inundacións ou calquera outra eventualidade para garantir a seguridade da veciñanza-.
Peche de campos de fútbol
Por mor da alerta vermella por choivas no interior da provincia, a Dirección Xeral de Seguridade do Concello decretou o peche durante esta tarde dos campos do CMF Manolo Barriero, Pavillón Multiusos e pavillóns dos CP Xunqueira 1 e 2 por encontrarse en zonas inundables, e por conseguinte con risco alto de inundación. Tamén do campo de fútbol de Ponte Sampaio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último