Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez
A permisividade é unha das realidades que a nosa sociedade valora con gran sensibilidade. Moitos a consideran un valor positivo. Na práctica vén identificarse coa tolerancia. E enténdese como un dos elementos integrantes da liberdade. Logo resulta que se confunde con facer o que a un lle apetece, con dar renda solta aos máis diversos caprichos, con ambicionar o que poida procurarnos un pracer inmediato, con que ninguén se interpoña nos nosos desexos, con que todo o mundo poida facer simplemente o que queira...
Con frecuencia, na práctica, case todo se considera indiferente. A cualificación moral dependerá, segundo o que moitos pensan, do que represente para as conveniencias persoais. En definitiva, o individuo constitúese, moitas veces, na norma moral definitiva e suprema de comportamentos, actividades e actitudes. En concreto, tómase o benestar persoal como base para a avaliación das accións, dos ambientes, das cousas...
O benestar que se pode experimentar de inmediato, claro. O benestar que se goza xa. O benestar que satisfai os nosos sentidos e provoca un estado de ánimo placentero. Un benestar individual e con abundantes compoñentes sensualistas. Así procuramos integrar a abundancia, o goce, o pracer, o éxito... A poder ser, como situación normal e permanente.
Cales son os resultados dun esforzo intensivo nesta liña? Sentímonos verdaderamente satisfeitos? Así maduramos como persoas? Son beneficiosas estas formulacións para a transformación positiva da nosa sociedade? Estou convencido de que tamén nisto fan máis ruído distorsionante os menos que boa música os máis. O peor que nos pode pasar é non recoñecer os males que nos afectan, porque entón nunca buscaremos remedio.
E, dende logo, hai realidades que han estar afectadas por "tolerancia cer"
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último