Opinión

MÁIS DO PORTO? VALE

Gorecho díxome; 'Queres unha enciclopedia?' É perigoso. Contesteille que non gusto dos ciclomotores, nin ciclospedias. Podes caer por un barranco... ¿Queres mellor que sigamos co do porto vigués? 'Vale', díxome co ista palabra que usa todo quisque para decir 'de acordo', ou 'si', 'imos', etc.


- Pois vou... (Os demáis asentiron coas nobres cabezas.) O porto vigués ten a lonxa de produtos pesqueiros máis importante de Europa. É, como se di agora ?uf, apesta-, unha 'referencia' a nivel mundial. A ría que o ampara de temporais convérteo en excelente porto, din os entendidos. O do Berbés. coas súas modernas instalacións, recibe barcos de pescado fresco, salgado ou conxelado e o total de pesca que manipula manteno como o máis importante do mundo en movemento de peixe para o consumo humano. A súa capacidade frigorífica supera os 700.000 m3. Diariamente saen camións de pescado fresco con destino a todas as provincias españolas e países como Portugal, Italia ou Francia. A subasta de pesca fresca ascende, a máis de 85.000 toneladas.


Unha media. E non esquezades o tráfico. Vigo está moi ligado a Algeciras, Valencia, Rotterdam e Amberes e un gran número de liñas regulares que enlazan a Vigo con todos os continentes dende o norte de Europa a Sudáfrica e dende Sudamérica ao Extremo Oriente. O ano 2005 entraron máis de 2.200 buques no noso porto e o tráfico total ascendeu a máis de 4.700.000 toneladas, o que supuxo un record histórico absoluto. As principais mercancías son o granito, a pesca conxelada, automóbiles, pizarra, madeira e metais. Respecto de pasaxeiros, destaca o local entre Cangas, Moaña e Vigo e o dos cruceiros turísticos que significan un atraque de cento e pico de buques no porto. A cifra exacta non a lembro... E agora penso que non vos falei da Xunta de Obras do Porto, creada no 1881 cuxos feitos máis importantes son a elaboración dos proxectos dos enxeñeiros dos que xa vos falei: García Arenal, Sancha e sobre todo Cabello Ebrentz (no 1910), a posta en marcha da Zona Franca no 1947, a ubicación da planta de Citroen, no 1958 e a botadura do primeiro conxelador no 1963. A vida de Vigo non sería o que é hoxe sen o porto e toda a industria que medrou ao seu arredor. E calquera día falamos dos portos deportivos.


Te puede interesar